Baile da Danza das Espadas | Concello de Marín

Festa de San Miguel e Danza das Espadas 2026 en Marín

dom04out11:00Festa de San Miguel e Danza das Espadas 2026 en MarínTradición, devoción e identidade 11:00 Concello de Marín - Marín

Detalles do Evento

O domingo 4 de outubro, Marín renderase á devoción por San Miguel Arcanxo, o seu patrón, que hoxe ten o seu día, pero que na vila celébrase sempre o domingo seguinte a esta data, é dicir, o 4 de outubro.

Tradición, devoción, historia e implicación será o que se viva o domingo, que arrancará ás 11.00 horas co acto solemne de entrega de Medallas e Distincións ás autoridades, así como ás persoas homenaxeadas e aos novos e novas cofrades por parte do Padroado de Mareantes de San Miguel.

Procesión de San Miguel | Concello de Marín

Este ano, estrearánse na Confraría o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, José López Campos; o gaiteiro do Grupo Beiramar, Manuel Santos Costa; a vicepresidenta do Grupo Meigas e Trasgos, Consuelo Acuña Cortegoso; o danzante do Ateneo Santa Cecilia, Miguel López San Matías, e o gaiteiro do grupo Meigas e Trasgos, Sergio Romero Trabazo.

Unha vez rematado o acto no Salón de Plenos, ás 12.00h, arrancará a Misa solemne, cantada polo Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do Porto e ás 13.00 horas sairá a procesión cos grupos da Danza de Espadas.

A primeira danza bailarase fronte ao Templo Novo; a segunda, na Praza de España, e a última, na Praza do Reloxo, cando se fai a Ofrenda Floral aos danzantes.

Pola tarde, ás 18.30h, haberá de novo baile da Danza nas inmediacións da Alameda e finalmente ás 19.30h, actuación musical con Terapia de Grupo no Palco da Música.

Hora

(Domingo) 11:00

Localización

Concello de Marín

Marín

Está pasando!