This is a repeating event

Samaín de Campelo 2026

sáb31out17:00Samaín de Campelo 202630 e 31 de outubro de 202617:00 Praza da Granxa, Campelo - Poio

Detalles do Evento

O Samaín de Campelo 2026 converterá durante dous días as rúas da localidade e a Praza da Granxa nun escenario de medo, con multitude de actividades e espectáculos pensados para que pequenos e maiores gocen dunha experiencia terrorífica única.

O venres 30 de outubro, Campelo comezará a respirar un ambiente de auténtico terror cunha festa infantil na carpa instalada na Praza da Granxa a partir das 17.00 horas, que contará coa animación musical de Dolce Vita e o escenario terrorífico da Furna das Meigas.

A programación continuará co espectáculo de malabares e lume a cargo de Nemeton Performances, a partir das 20.00 horas, que servirá de antesala á esperada Ruta do Medo polas rúas de Campelo, cos decorados, escenarios, creatividades e representacións preparadas pola veciñanza. Participarán tamén integrantes das comparsas As Sonecas e 100Tolos, do Grupo de Samieira e das ximnastas do Club Saraiba. A xornada rematará cun magosto popular organizado pola Asociación de Veciños de Campelo, acompañado da animación musical dun DJ.

Xa o sábado 31, e recollendo unha das propostas da veciñanza, o Local Social acollerá o Cinema de Medo, unha sesión para toda a familia que comezará ás 17.00 horas. Ao rematar, organizarase a Merendola Larpeira para que a cativada colla forzas antes de percorrer as rúas de Campelo co tradicional Truco ou Trato!

Hora

(Sábado) 17:00

Localización

Praza da Granxa, Campelo

Está pasando!