Visitas guiadas á exposición 'Chema Madoz. A natureza das cousas' en Vigo

xov19nov19:00Visitas guiadas á exposición 'Chema Madoz. A natureza das cousas' en VigoUN DOS CREADORES MÁIS DESTACADOS DA FOTOGRAFÍA ESPAÑOLA CONTEMPORÁNEA19:00 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

Todos os xoves ás 19:00 horas, mentres dure a exposición ‘Chema Madoz. A natureza das cousas’, haberá visitas guiadas gratuítas para público xeral con inscrición previa en Ataquilla.com

  • Outubro 2026: 1, 8, 15, 22 e 29
  • Novembro 2026: 5, 12, 19 e 26
  • Decembro 2026: 3, 10 e 17
  • Xaneiro 2027: 7, 14 e 21

A exposición ‘Chema Madoz. A natureza das cousas’ chega ao Teatro Afundación Vigo cunha selección de obras que nunca son o que parecen grazas ao xogo imaxinativo do fotógrafo.

Alleo ás clasificacións habituais, Chema Madoz subverte as regras da natureza deixando deambular a súa imaxinación. Desprega a súa fantasía e funde os reinos animal, vexetal e mineral, dando lugar a un reino propio no que transforma follas, ramas, nubes, madeiras, plantas, flores ou pedras para ofrecer as combinacións máis inesperadas.

Madoz (Madrid, 1958) é un dos creadores máis destacados da fotografía española contemporánea. El defínese ás veces, en entrevistas, como un «fotógrafo surrealista en branco e negro».

Exposición comisariada por Olivia Rubio e coorganizada con La Fábrica.

Visitable do 10 de setembro de 2026 ao 23 de xaneiro de 2027, de luns a venres, de 17.30 a 20.30 h. Sábados, de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 h. Domingo e festivos, pechado.

Hora

(Xoves) 19:00

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!