'Voo' de Teatro O Cubo en Vigo

dom29nov18:00'Voo' de Teatro O Cubo en VigoVigocultura 202618:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Teatro O Cubo presenta o seu espectáculo ‘Voo’ no Auditorio Municipal do Concello de Vigo o 29 de novembro, como parte da programación de Vigocultura.

Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás.

Inspiradas por esta utopía, dúas personaxes lanzaranse á procura do ceo envolvendo ao público na ingravidez e na fantasía. Comezarán con ilusión e asombro, entrará en xogo a esixencia e a avidez polo éxito e pasarán por outros lugares como a convivencia, a amizade e o descubrimento do goce de soñar alto sen ter que gañar ou perder.

A danza, a música, o movemento, a poesía visual e a comicidade están presentes en todo momento, facendo desta proposta unha viaxe para os sentidos.

Espectáculo seleccionado para Camino Escena Norte 2026

Espectáculo programado en Galicia Escena Pro 2026

Prezo: 5 euros. As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):

  • A través de giglon.com
  • Na Papelería Folder Progreso (Rúa Progreso, 22, Vigo), en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30h. e de 16:30 a 20:00h., e os sábados de 10:00 a 13:30h.
  • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)

Hora

(Domingo) 18:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo

Está pasando!