This is a repeating event

XIX Culturgal en Pontevedra

ven27novConsultarXIX Culturgal en PontevedraFeira das Culturas Galegas (Consultar: venres) Pazo da Cultura de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A XIX edición de Culturgal, a Feira das Culturas Galegas celebrarase do 26 ao 29 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, con máis de 800 artistas e creadores en 200 espectáculos e actividades para todas as idades.

Ademais dos espectáculos, contará con 100 postos; 10 galerías de arte; sete escenarios cunha programación continua; 12 espectáculos para público familiar; seis concertos; 25 actividades literarias, actividades de videoxogos e de audiovisuais.

Entre as novidades deste ano, destacan a modificación nos accesos a Culturgal no Pazo da Cultura de Pontevedra polas eleccións xerais do 29N, a nova ubicación do Espazo Arte, e o cambio dos postos institucionais.

As entradas e os bonos, coa mesma fórmula de descontos que en anos anteriores, están á venta en Ataquilla.com, tanto para os espectáculos gratuítos como para o de pago (concerto do sábado pola noite).

PROGRAMA

As actividades no auditorio do Pazo da Cultura serán de xoves a domingo, abrindo o xoves co musical ‘As Cigarreiras’, un espectáculo total de música, baile e teatro, coa Banda Municipal da Coruña, Cantigas da Terra, e o grupo Santaia (21:00 horas, entrada libre con invitación).

O venres 27, ‘Á espera do baleiro’, unha peza de danza contemporánea, coprodución da compañía galega iXa, a Companhia de Dança de Almada e o Centro Coreográfico Galego, dependente de Agadic. Esta función vai ser, ademais dunha estrea en Galicia, unha homenaxe ao coreógrafo desta peza, Xián Martínez, falecido moi recentemente aos 30 anos de idade (21:00 horas, entrada libre con invitación).

O sábado 28, tamén no auditorio do pazo, concerto das bandas gañadoras dos Premios Martín Códax da Música de Galicia, que a partir de Culturgal inicirán unha xira por Galicia. As bandas participantes serán Abril, Allo Negro, Lidia India e Michu da Rocha, coa presentación de Serxio Zearreta.

Culturgal terá o venres unha tarde de lembranza para Narf polo seu décimo cabodano, reunindo a un dos seus grupos, Os Quenindiola, e a Satélite Salitre.

“En letras temos 25 actividades e podemos salientar a Festa dos Clubes de Lectura, que volverá reunir en Culturgal a integrantes de máis de 30 clubes de toda Galicia con autores como María Peinado, Carlos Lixó e Pedro Feijóo”, manifestou Camilo Franco.

Destaca tamén a estrea do novo poemario de Antón Reixa, que estará na feira con Nuno Pico, de Grande Amore. Outra das novidades será a presentación do libro conxunto de Rosa Aneiros con Miguelanxo Prado.

Como nos últimos anos, a feira acolle a primeira actividade do Día das Letras Galegas, que vai estar adicado a Xosé Neira Vilas, cunha combinación de letras e música con Cándido Pazó e o Ensamble Liberdade.

AUDIOVISUAL E VIDEOXOGOS

En audiovisual, Culturgal vai facer en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual un maratón de curtas producidas en Galicia durante este ano, e proxectaranse tamén unha boa parte dos traballos documentais producidos en Galicia no 2026.

Haberá un pase restrinxido de ‘Kiro’, o documental sobre a artista galega Ana Kiro; a presentación de ‘Planeta Pampín’, con Pili Pampín, de Voz Audiovisual, e tamén a presentación da nova serie de ficción da TVG, ‘Clínica Mirando’.

No sector dos videoxogos, Culturgal terá este ano ‘O barrio dos videoxogos’, no que se agruparán os colectivos do sector e, ademais das actividades para xogar, celebrarase un encontro sobre as Game Jam que se celebran en Galicia.

Culturgal terá o sábado pola tarde unha sesión de Cantos de Taberna e o domingo, tamén como unha tradición da feira, o ‘Ven e baila’, unha cita que convida a todo o mundo a bailar.

Consulta o programa aquí.

Está pasando!