Iria Viqueira e Xosé Manuel Fernández Abraldes | © Concello de Barro

Iria Viqueira Cespón será a pregoeira da XLIV Festa do Viño de Barro

26 Maio 2023

A XLIV Festa do Viño de Barro renderá homenaxe ao Grupo de Danzas Folclóricas Amor Ruibal de Barro no 40 aniversario da súa fundación, polo que a integrante en activo que máis veces vestíu o traxe tradicional terá a honra de ser a pregoeira da Festa.

Iria Viqueira, natural da parroquia de Curro, ten 37 anos, é profesora de educación infantil e leva formando parte do Grupo de Danzas Amor Ruibal desde os 6 anos.

O gran traballo que o Grupo de Danzas Amor Ruibal de Barro leva facendo ao longo dos seus corenta anos de vida, coidando e divulgando a cultura tradicional, así como formando a tantos rapaces e rapazas de Barro é o motivo polo que o Concello de Barro lle rende homenaxe nesta edición da Festa do viño de Barro.


Está pasando!