Presentación da “X Noite Estrela” | © Concello de Marín

Marín celebrará a décima edición da “Noite Estrela”, con maxia, descontos e promocións, para dinamizar o comercio local

28 Xuño 2023

O Centro Comercial Aberto Estrela de Marín e o Concello de Marín poñen en marcha a décima edición da campaña de dinamización comercial “NOITE ESTRELA”, que se celebrará o venres 7 de xullo.

Nesta actividade de incentivación ao consumo, os máis de 20 establecementos comerciais que participan, prolongarán o seu horario comercial ata as 23:00 horas da noite, ofrecendo desde as 20:00 horas descontos ou promocións co obxectivo de incentivar o consumo dos clientes. Nesta ocasión os establecementos participantes estarán ubicados nas seguintes rúas: Sol, Real, Concepción Arenal, Fondo do Saco, Jaime Janer, Méndez Núñez, Rúa da Ponte e Avenida de Ourense.

Como actividade de dinamización comercial, contarán cunha “Ruta Máxica” composta por 4 magos, que se achegarán polos comercios e levarán a cabo pases de maxia de preto.

Esta acción está cofinanciada pola Xunta de Galicia e contamos coa colaboración da Deputación de Pontevedra, a través do Pontegal.

Ademais, todos os tickets de compra dos establecementos participantes, que se efectúen durante toda a xornada do venres, e que se rexistren no formulario que se atopará en https://www.estrelademarin.gal/noite-estrela/ participarán no sorteo de 8 packs compostos dun xamón e dun estoxo de 3 botellas de viño ribeiro e de 2 tarxetas regalo de 50€ do “Comercio do Morrazo”.


Está pasando!