‘Matría’ repetirá proxección en Pontevedra logo do éxito no Teatro Principal cun novo pase

29 Maio 2023

  • O Concello de Pontevedra promove esta segunda oportunidade de ver a película na mesma localización ca do pasado 10 de maio
  • A proxección comezará ás 20 horas no emblemático edificio do casco histórico cunha entrada de balde e sen necesidade de reservar entrada

‘Matria’, a película de Álvaro Gago que está a sementar e colleitar éxitos e parabéns desde o seu lanzamento, volverá a Pontevedra a través dun segundo pase especial. Se o 10 de maio o Teatro Principal estaba ateigado de xente, este domingo, 4 de xuño, é posíbel que se repita a mesma escena.

O Concello de Pontevedra promove esta proxección co fin de darlle unha nova oportunidade á veciñanza da Boa Vila de gozar cun dos filmes galegos máis importantes dos últimos anos.

Ao igual que no pasado pase, a entrada será de balde e non será preciso reservar asento, senón que se atenderá na billeteira do Principal por estrita orde de chegada.

Na súa saída, ‘Matria’ converteuse na estre comercial máis importante da historia do cinema en lingua galega, ao distribuír seis decenas de copias en diferentes salas do Estado.


Está pasando!