Presentación do programa das Letras Galegas 2026 | Concello de Moaña

Moaña celebra as Letras Galegas 2026 cun amplo programa que combina música, literatura e tradición

7 Maio 2026

Concello de Moaña celebra o Día das Letras Galegas 2026 rendendo homenaxe á escritora e periodista Begoña Caamaño cun amplo programa que combina música, literatura e tradición.

DOMINGO 10

  • 11:00 h. XXI Feira Ecoartesá de Primavera. Levarase a cabo durante todo o día na contorna do palco da música con actividades, talleres, postos de feira e diversas actuacións musicais.

XOVES 14

  • 20:00 h. Cancións Begoñísimas de Uxía. Concerto en formato trío (voz, guitarra e acordeón), no alto da praza de abastos.

VENRES 15

  • 18:00 h. Rechouchío: A gran viaxe das letras até Begoña Caamaño, con A Xanela do Maxín. C.S. Rosalía de Castro de Domaio.
  • 20:00 h. O círculo das ausencias, coa Escola de Música Tradicional de Moaña, na praza de abastos.

SÁBADO 16

  • 19:00 h. Festival de Coros Letras Galegas (1ª Xornada) na praza de abastos, coa participación de varios coros locais.
  • 21:00 h. Serán das Letras, no adro dos Milagros (no alto da praza de abastos se chove). Coas actuacións de Gaiteiros de Moaña, Breogán, Solaina, Charaviscas, Canteiras Arco da Vella, Maeiramar Axóuxeres, Salgharitas e Son de Nós.

DOMINGO 17

  • 19:00 h. Festival de Coros Letras Galegas (2ª Xornada), na praza de abastos. Coas actuacións de Coro Nosa Señora do Carme de Moaña, Coro Ondas da Ría, Masa Coral Moañesa, Coro Crescendo, Coro San Pedro de Domaio e Lembranzas Moañesas.
  • 19:00 h. Festival Letras Galegas en Domaio, no C.S. Rosalía de Castro, con música, baile e teatro con Charaviscas e grupo de pandereteiras Ardora. Organiza: A.C.F. Charaviscas.
Está pasando!