Nastasia Zürcher | © Deputación de Pontevedra

Nastasia Zürcher ofrecerá en Combarro a peza ‘Fâm Flôr’ no marco do programa ‘Mulleres en acción. Violencia zero’

13 Xullo 2021

O mércores 14 de xullo ás 21:00 horas na Praza da Chousa de Combarro, Nastasia Zürcher ofrecerá a peza ‘Fâm Flôr’ no marco do programa ‘Mulleres en acción. Violencia zero’ da Deputación de Pontevedra.

Nastasia Zürcher (Xenebra, Suíza, 1988)

Vocalista e compositora galego-suíza, é graduada en Canto, Interpretación e Técnicas de Escenario na Escola Internacional de Artistas de Jesús Yanes, CEV (Madrid). Galardoada cos Premios Martín Códax da Música polo seu traballo musical, publicou dous discos de autoría propia, e actualmente está a traballar na produción e gravación do seu terceiro álbum de estudio. Artista libre e curiosa, cantante ecléctica e amante das fusións, ofrece unha visión pura, honesta e persoal da comunicación e unha conexión emocional a través da música.

‘Fâm Flôr’

Música floral,
fiada de raíces,
desprendendo o seu aroma de liberdade.

Sumando capas rítmico-musicais, con voz cantada e recitada, Nastasia Zürcher invítanos a construír o templo dunha muller florecida desde o seu crecemento, apoderamento e fortalecemento até o seu florecemento en vida. Con delicadeza, teceremos unindo voces este o noso mesmo canto: o do ser libre, de decidir sobre a súa vida, o canto da muller florida e florecida, o canto dunha Fâm Flôr.

Está pasando!