Nova edición de Argálica, a Feira de Artesanía de Cangas

14 Xullo 2020

O mércores 15 de xullo ás 19:00 h. nos Xardíns do Sinal da Alameda Nova de Cangas, inaugurase unha nova edición de Argálica, a Feira de Artesanía de Cangas do Morrazo, bandeira e proa da artesanía de Galicia na provincia de Pontevedra.

Os expositores permanecerán nas casetas habilitadas ata o día 2 de agosto en horario habitual de 11:00 a 14:00 h e de 19:00 a 23:00 h.

Para esta edición tan particular, inmersos nunha postpandemia, admitimos e animouse a vir os seguintes talleres:

Lobo Tolo Artesania Ancestral, Chueco, Dani Dimitrova, Obradoiro Rubinhos, Macraandme, Uxia Castro, Kilama, Amorei, Mestura De Kores, Chicas Filmor, Mico Textil, Zimzelatum, Flecharte, Bruxarte, Taller Cruz, Crisol De Abril, Esquina Atlántica, Declararte Joyas, Taller De Bambú e Jose Luis – Canteiro Toska

Os expositores e a organización da Mostra están comprometidos coas medidas antiCovid19, polo que se aplicará o protocolo para este tipo de eventos, aprobado polo ISSGA (Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia).

Desde a organización lémbrase ao público a necesidade de respectar as normas de hixiene e as pautas de visita: uso de mascarilla, limpeza de mans con xel xermicida e consultar sempre aos expositores antes de “tocar” os produtos.

Co esforzo de todos, podemos saír desta crise sanitaria e comezar unha nova normalidade onde os oficios artesáns teñan visibilidade económica.

Está pasando!