Presentación da 6ª Concentración Clásicos Fiolledo | © Concello de Salvaterra de Miño

Os amantes dos coches clásicos teñen unha cita o sábdo 2 de setembro en Salvaterra de Miño

19 Agosto 2023

Ata o momento a organización conta con máis de 200 participantes pero o prazo de inscrición non remata ata o 25 de agosto


A primeira fin de semana de setembro a Asociación Cultural Club de Clásicos Fiolledo Condado Paradanta organiza a sexta edición da Concentración de Coches Clásicos e ruta “Clásicos Fiolledo” en Salvaterra de Miño.

A xornada dará comezo ás 09:00 da mañá coa recepción de coches no Parque da Canuda e ás 10:00 sairán os coches cara a ruta que parará para comer no Restaurante Castelo e que despois seguirá o seu percorrido ata o Campo de Fútbol de Corzáns onde haberá diferentes actividades, comida, música e sorteos.

O prazo de inscrición remata o vindeiro 25 de agosto e os interesados poderán
anotarse no teléfono 678 261 882 ou no correo clasicosfiolledooficial@gmail.com


Está pasando!