O actor catalán Joan Estrader impartirá para a Escola Municipal de Artes Escénicas de A Estrada (EMAE) o taller ‘Humor para torpes’

24 Novembro 2022

A Escola Municipal de Artes Escénicas de A Estrada (EMAE) saca 10 prazas para o taller ‘Humor para torpes’, impartido polo actor catalán Joan Estrader que terá lugar os días 2 e 3 de decembro, un taller baseado na cración do gag cómico.

O taller estrutúrase en catro partes: A búsqueda do simple, deconstruír e construír, creatividade para crear pezas únicas e orixinais e consciencia a través do risco de atreverse a fracasar.

Comezará o venres día 2 no Museo do Moble e da Madeira de 16.30 a 20.30 horas, continuará o sábado no Teatro Principal da Estrada de 10.30 a 13.30 horas e rematará a tarde do sábado cunha exhibición aberta ao público a partir das 20.00 horas no Teatro Principal.

O prezo do taller é de 30 euros. Todos os interesados/as poden dirixirse ao departamento de Cultura do Concello da Estrada ou chamar ao teléfono 986 573 601.

Está pasando!