O Ateneo Santa Cecilia convoca a LXVIII edición do “Concurso de Maios e Embarcacións”

8 Abril 2021

O Ateneo Santa Cecilia convoca coa colaboración do Concello de Marín a LXVIII (58º) edición do “Concurso de Maios e Embarcacións”, dirixido a tódolos centros escolares e Asociacións de Marín e a súa bisbarra.

Como cada ano desde 1953, o Ateneo convoca este tradicional Concurso a celebrar o día 1º de Maio. Nesta ocasión e pola situación actual de “pandemia”, as restricións de mobilidade e xuntanza de persoas, introdúcense unha serie de modificacións co obxectivo de que esta festa se poida levar a cabo con todo o seu esplendor e solemnidade. Dándolle a oportunidade de participación a todos/as que o desexen desde os centros escolares e asociacións.

Propoñemos que os diversos grupos de participantes preparen os seus maios, embarcacións e coplas e leven a cabo a súa elaboración nos colexios e asociacións nos días previos ao 1º de maio de 2021 para que todos os/as alumnos/as e participantes tomen parte, manteñan e desfruten de esta festa tradicional.

Convidamos a que tanto os maios como as embarcacións as trasladen a Alameda de Marín o propio día 1 de maio antes das 12:00 horas para que toda a xente poida admirar os traballos realizados (cada Maio e Barco inscrito terá un lugar asignado no que permanecerá ate o final do día).

Ademáis, todos os grupos participantes que o desexen, poden realizar un maio (miniatura) que non exceda de un metro de altura, coroa incluída co obxecto de participar nunha exposición no Museo Municipal Manuel Torres, onde quedarían expostos durante 8 días.

1.- Os MAIOS terán forma cónica e os armazóns poderán estar feitos con calquera material. Na decoración exterior dos MAIOS só se utilizarán elementos vexetais e naturais.

2.- As EMBARCACIÓNS só serán de construción artesanal.

3.- A COROA deberá respectar as formas tradicionais dos maios de Marín e estará recuberta con material vexetal. Non se permitirán engadidos de figuras ou outros símbolos non tradicionais.

4.- Os grupos que desexen tomar parte neste concurso, teñen que facela súa inscrición antes das 20:00 horas do día 27 de abril. Para elo, deberán facelo no correo electrónico do Ateneo ateneosantacecilia@gmail.com. Á dita inscrición deberanse axuntarse unha copia da letra coa que participen no concurso.

5.- A valoración dos grupos participantes, farase mediante un XURADO, formado por dous representantes do Ateneo e un do Concello que valorarán de 1 a 10 puntos, a cada participante, en cada un dos apartados do concurso, puntuación que se fará pública ao remate do concurso. O Xurado contará cun secretario do Ateneo e o seu fallo non poderá ser recorrido.

6.- Os apartados do concurso serán para A) MAIOS no seu conxunto (Maio e coroa) e B) Letra, Para EMBARCACIÓNS: A) Construción e B ) Letra. (Pola situación de pandemia e medidas de seguridade eliminase o apartado de interpretación). En cada apartado haberá un primeiro premio de 120 euros, un segundo de 80 Euros e un terceiro de 50 Euros, podendo quedar deserto algún deles si o xurado así o considerara.

7.- Tódolos grupos recibirán unha axuda de 80 euros polo feito de participar.

8.- A letra da coplas deberá ser en galego e de libre composición.

9.- Usaranse as melodías tradicionais tanto no caso dos Maios como das Embarcacións, e o xurado terá en conta, se se dera o caso, a recuperación dalgunha melodía tradicional.

10.- Os grupos participantes terán, obrigatoriamente, que aceptar a visita do xurado o día 30 de abril para a valorar os traballos, así como o compromiso de trasladar os traballos á Alameda Rosalía de Castro o dia 1º de maio entre as 12.00e as 20:00 horas.

11.- A participación no concurso obriga a aceptación destas bases.

Está pasando!