O ciclo ‘Achégate ao Salón’ colga o cartel de “completo” para os concertos de Vega e Alice Wonder

6 Marzo 2023

  • O ciclo musical ‘Achégate ao Salón’ vén de colgar o cartel de “aforo completo” para os concertos de Vega e Alice Wonder
  • Como xa pasara en anteriores edicións, a boa acollida do público volve a poñer de manifesto o acerto na elección dos artistas e dos concertos programados pola Concellería de Cultura para a realización dos concertos matutinos dos domingos a través desta pioneira iniciativa

Tras o peche do prazo da venta de abonos para asistir aos tres concertos da actual edición do ‘Achégate ao Salón’, as entradas soltas para asistir aos dous concertos que quedan por celebrar esgotáronse a principios desta semana. Consecuentemente, tanto Alice Wonder, para o concentro do domingo 12 de marzo, como Vega para o que protagonizará o 16 de abril, actuarán co Salón García cheo ata a bandeira.

A edil de Cultura, Sonia Outón, agradeceu a excelente resposta que os vilagarciáns están dando ao ciclo musical ‘Achégate ao Salón’ dende a súa creación, acollida que anima á Concellería a continuar desenvolvendo este e outros programas similares de concertos matutinos como son ao “Ágora Vermú”, outro ciclo de actuacións musicais de pequeno formato, pero que, a diferenza do ‘Achégate’, se celebra ao aire libre en xa ao remate da primavera e principios do verán.

Cantautoras de diferentes xeracións

Alice Wonder, finalista no Benidorm Fest no que se elixiu á participante en Eurovisión, é o claro exemplo da chegada dun cambio xeracional musical. Con apenas 24 anos, a artista e compositora irrompeu con forza na escena musical cunha madurez artística que pode chegar a asustar aos máis veteranos. Xa co EP debut ‘Take off’ acumulou varios millóns de reproducións no single homónimo.

Pechará o ciclo deste ano Vega, a artista con máis experiencia dos tres que conforman o cartel. Tras o seu paso por Operación Triunfo, a cantante debuta en 2003 en solitario, cun estilo moi persoal e facendo un pop-ropck con tintas reivindicativos. Conta no seu haber con 10 álbums, a metade dos que editou a través do seu propio selo musical co obxectivo de garantir a súa total independencia de estilo e marcar con paso propio a súa carreira musical.


Está pasando!