O Concello da Guarda abre as inscricións para participar na Carreira do Entroido 2023

1 Febreiro 2023

  • A carreira celebrarase o sábado 18 de febreiro ás 18:00 horas con saída dende a Alameda da Guarda
  • As inscricións están abertas ata o 15 de febreiro en deporticket.com 

O Concello da Guarda en colaboración con NOKO 360 organiza o sábado 18 de febreiro a Carreira do Entroido 2023, un evento deportivo que dará comezo ás 18:00 horas con saída e chegada na Alameda da Guarda e que contará cun percorrido aproximado de 4 quilómetros.

A proba é gratuíta, pero é preciso realizar inscrición ata o mércores 15 de febreiro través da web deporticket.com

Poderá participar calquera persoa que o desexe sen importar condición, sexo ou nacionalidade e que nacesen no 2014 ou anos anteriores. Os de 2015 en diante deberán ir acompañados dun adulto.


Está pasando!