Festa da Lamprea | © Concello de Arbo

O Concello de Arbo convoca o concurso de carteis da ‘LXIII Festa da Lamprea’

23 Outubro 2022

O Concello de Arbo convoca o concurso de carteis con motivo da celebración da ‘LXIII Festa da Lamprea’ que se atopa prevista para os días 28, 29 e 30 de abril de 2023, promovendo así a principal festa gastronómica do Municipio.

O Concurso axustarase a temas relacionados coa Festa da Lamprea, podendo tomar parte todas aquelas persoas que o desexen, e podendo achegarse dúas obras por autor, baixo a condición que sexan traballos orixinais.

Establécense tres premios: un primeiro premio de 800 euros para o vencedor, 400 euros para o segundo e 200 euros para os terceiros premios.

Continuando coa tradición, os premios serán entregados na Gala da Lamprea, que terá lugar durante a celebración da festa do próximo ano. É condición indispensable que os gañadores estean presentes no acto para recoller o premio.

O prazo para a entrega das propostas de carteis finalizará o día 10 de xaneiro de 2023.

Consulta as bases aquí.


Está pasando!