O Concello de Moaña pon en marcha a ludoteca “O baúl dos xoguetes”

29 Maio 2021

O que máis lles gusta ás crianzas é xogar, e tamén xogar con xoguetes, e que mellor que ser partícipen na súa fabricación. Esta labor axuda a fomentar a creatividade e a imaxinación e ademais se converte nunha fonte inesgotable de diversión.

Grazas á elaboración dos seus propios xoguetes desenvolven habilidades motoras, de coordinación, de asimilación de conceptos, de comprensión e de adaptación. E todo dende unha perspectiva lúdica e, sobre todo, divertida.

Será unha semana moi creativa e chea de obradoiros:

  • Luns 31: FOUCIÑOS DE REFUGALLO (obradoiro)
  • Martes 1: ANIMAIS HIXIÉNICOS (obradoiro)
  • Mércores 2:  INVENTAMOS ROBOTS (obradoiro)
  • Xoves 3: LANZA CONFETTI (obradoiro)
  • Venres 4: TREN COLECTIVO (obradoiro)

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 horas para atención ao público.

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986 315 038 (tardes).

Está pasando!