O Concello de Pontevedra celebra o Día de Rosalía convidando a encher o Instagram cos seus versos

23 Febreiro 2021

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, que xestiona Alberto Oubiña, súmase á celebración do Día de Rosalía (impulsado pola AELG no día do nacemento da autora) cunha acción a través da rede social Instagram.

Así, desde o Servizo de Normalización Lingüística lánzanse un convite para encher, o mercores 24 de febreiro, esta rede social cos seus versos a través de storys. Ademais a acción complementase cun sorteo simbólico de obras da autora e cun agasallo para a story máis orixinal.

Para participar é preciso seguir a conta @alingualatexa, subir unha story cun texto, poema ou verso de Rosalía de Castro e etiquetar a dúas amizades para estender a iniciativa. A story máis orixinal e as persoas gañadoras do sorteo serán anunciadas o 3 de marzo.

Con esta iniciativa, o Concello de Pontevedra vincula esta celebración coas novas canles de comunicación social ao tempo que a adapta ás circunstancias derivadas da situación sanitaria actual.

Está pasando!