O Concello de Salvaterra organiza un obradoiro de Mindfulness para mulleres

29 Abril 2024

O Concello de Salvaterra de Miño que ven de organizar o curso de defensa personal para mulleres durante o mes de abril continúa coa programación de actividades para mulleres dentro das accións planificadas pola Concellería de Igualdade e enmarcadas na subvención do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.

Nesta ocasión presenta un obradoiro de Mindfulness dirixido a mulleres no cal o obxectivo é reducir o estrés e fomentar o empoderamento a través de formación, actividades, exercicios individuais e grupais, discusións e prácticas.

O curso que se levará a cabo os sábados 11, 18 e 25 do mes de maio e o 1 de xuño en horario de 10:00 a 12:00 horas na Casa do Conde no recinto amurallado é gratuíto.

Para apuntarse aquelas mulleres interesadas poderán facelo no correo comunicacion@concellodesalvaterra.org ou ben no teléfono 629 770 177.


Está pasando!