O Concello de Salvaterra de Miño pon en marcha a primeira das rutas do proxecto ‘Salvaterra en Marcha’

10 Marzo 2022

O Concello de Salvaterra de Miño en colaboración co Clube de Montaña Airiños e dentro do proxecto ‘Salvaterra en Marcha’, convoca a súa primeira saída á natureza o domingo 27 de marzo, totalmente de balde.

Esta primeira saída, dentro do propio concello de Salvaterra de Miño, será a denominada ‘Pola Senda do Miño e viñedos do Condado’. Unha ruta circular de pequeno percorrido e de dificultade técnica doada que se comezará ás 11:00 do domingo 27 de marzo na Praza do Concello de Salvaterra, finalizando no mesmo lugar sobre as 17:00 horas. Terá un traxecto de 17 km totales, dos cales os 12 primeiros se farán a pé e os últimos 5 km con motorización turística.

A organización da actividade, poderá en calquera momento por causas non previsibles, modificar ou anular a ruta. O almorzo farase na propia ruta e cada senderista levará a súa propia comida.

Esta ruta ten por obxectivo promover por unha banda a beleza paisaxística  desta senda fluvial Río Miño, unha paisaxe única en todo o continente pola inmensa cantidade e variedade de bosque que acompaña as  súas augas  na desembocadura ao mar; promovendo, ao mesmo tempo, a riqueza das grandes plantacións de viñedos de uva Albariño do condado que rodean Salvaterra e que simbolizan en gran parte a identidade deste concello dentro e fora das nosas fronteiras.

Convídase a todas as persoas que desexen gozar dunha xornada diferente e camiñar acompañadas. Os requisitos para inscribirse nesta actividade son: estar en boa capacidade física e ter de 14 anos en diante (os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto.

O número de participantes está limitado a 45 persoas, tendo preferencia por orde de inscrición no teléfono 622 887 174 (vía whatsapp ou sms obrigatorio).

Está pasando!