O Concello inaugurará en decembro a exposición “Pontevedra. A cidade é a pegada” que reflexioná sobre o acontecemento de pertencer a Pontevedra

23 Xuño 2022

  • A Sala de Exposicións do Pazo da Cultura acollerá a mostra, na que se traballa desde novembro, entre o 15 de decembro de 2022 e o 22 de marzo de 2023
  • Comisariada por Alfredo Olmedo, conta con 6 subcomisarios encargados das diferentes áreas, así como a colaboración do arquiveiro municipal, Rodrigo Silva
  • O río, da man de Eduardo Outeiro e Raphael Chipperfield, a infancia con Norberto Olmedo e Fernando Suárez, Milagros Bará responsable do apartado de personaxes e figuras e o estudo de arquitectura NAN con Alberto Reiriz e Vicente Pillado da sección de arquitectura e urbanismo
  • Patricia Dopico será encargada do deseño editorial e o catálogo, que se pretende sexa nun futuro un agasallo institucional
  • 15 institucións e unha ducia de particulares, cederán pezas e documentos para este proxecto inédito que será a maior producción expositiva levada a cabo polo Concello ata o momento

O Alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Cultura Carme Fouces presentaron esta mañá o proxecto expositivo inédito “Pontevedra. A cidade é a pegada” que verá a luz o 15 de decemebro no Pazo da Cultura de Pontevedrá e permanecerá instalada e visitable ata o22 de marzo de 2023.

Fixérono acompañados polo equipo que traballa na mostra desde hai meses, o comisario Alfredo Olmedo e os subcomisarios Eduardo Outeiro, Norberto Olmedo e Fernando Suárez, Milagros Bará, Alberto Reirix e Vicente Pillado do estudio de arquitectura NAN, o arquiveiro municipal Rodrigo Silva e Patricia Dopico, responsable do diseño editorial.

Lores foi o encargado de abrir a intervención salientando o traballo que está a realizar desde hai moitos meses o Concello para “elaborar esta exposición inédita na cidade, producida en Pontevedra. Unha cidade cun esplendoroso futuro pero que ha de ter en conta o pasado e memoria histórica. Unha mostra que falará do río, de urbanismo e arquitectura, das persoas que conforman a cidade, da evolución da cidade e da pegada que deixa nas persoas. O catálogo que é case un proxecto paralelo á exposición, e que agardamos que se serva nun futuro como agasallo institucional, etc. Estamos moi ilusionados e levamos moito tempo traballlando”.

A concelleira Carme Fouces, responsable política da exposición transmitiu que “Non se abordara o que era Pontevedra como cidade desta maneira. Puxemos en marcha unha mirada diferente do que fomos. Demos moitas voltas ata atopar a persoa adecuada. Afredo Olmedo ten o acervo cultural e estilísitco, pero o que máis importa é que é de Pontevedra e quere a Pontevedra. Conformou un equipo moi heteroxéneo, variado e xenial. Nós acertamos con Alfredo e Alfredo acertou co equipo.

É unha exposición moi coral tanto pola organización como por todas as institucións e persoas que van ceder material e ás que quero agradecer e nomear: Museo de Pontevedra, Arquivo Provincial, Arquivo Municipal, Arquivo Pacheco, Instituto de Patrimonio Cultural de España, RTVE, Fundación Torrente Ballester, IES Valle- Inclán, Abanca, Diario de Pontevedra, Juan XXIII, ONCE – estamos moi preocupados en que sexa unha mostra inclusiva en tódolos sentidos -, Delegación de Pontevedra da Axencia Galega de Infraestruturas, Club de Piragüismo e preto dunha ducia de particulares. Agardo que sexa algo que a cidade reciba coa mesma ilusión que nos a estamos construíndo”.

Pola súa banda o comisario, Alfredo Olmedo quixo recalcar o interese en “transmitir a incidencia da cidade nas persoas e a das persoas na cidade, a través dun fío condutor que é a mirada da infancia. É o espazo escénico no que imos traballar. Para os que vivimos aquí é o normal, pero para a xente que vén de fóra e moi sorprendente a cantidade de nenos/as que hai na rúa e desenvolven alí unha parte importante do seu día, da sociabilización, do xogo. Nós definómonos creativamente e plásticamente nese momento da vida e o feito de pertencer a unha cidade ou outra, nos singulariza e eu creo que Pontevedra nese aspecto é unha cidade cunha entidade suficientemente marcada. É un proxecto de grupo, de equipo, e aínda que eu como comisario teña a última paralabra, a dirección de cada unha das salas e os espazos está moi vinculada á mirada de cada un dos subcomisarios”.

Sen desvelar moito o contido da mostra, o comisario avanzou que a exposicón estará centrada sobre todo no século pasado e que haberá escultura, pintura, documentos, audiovisuais da man de Chipperfield, “lecturas visuais da propia cidade a partir de fotografías, planos, debuxos. O material tamén ten que ver co literario, xa que Alberto Ruíz de Samaniego vai escribir un texto para a exposición, xa que vivíu moitos anos en Pontevedra e ten unha visión moi singular do que é a relación da cidade coas persoas. O documento editorial pretendemos que sexa un proxecto dentro do proxecto, non un catálogo ao uso”, apuntaba Olmedo.

A concelleira quixo destacar que “moi posiblemente esta sexa a producción máis importante a nivel expositivo que levou a cabo o Concello desde que eu teño memoria. A tódolos niveis: en sí mismo a nivel de producción, que vai ser moi espectacular a forma de expoñelo e velo e tamén do volumen de peticións de material material dende o punto de vista administrativo, que temos moitos efectivos traballando. Polo tempo de traballo desde un ano antes, que levamos desde novembro mantendo reunións , o tratamento que se vai dar á comunicación e tamén ao que poderiamos chamar posproducción como á hora de desenvolver as visitas, o traballo inclusivo, didáctico e do tamén do merchandising, o material que as persoas que se acheguen poderán levar para a casa. Ese espazo que se vai a desenvolver no Pazo vai a ser unha representación desa pegada que vai estar representada nesa cousiñas que queremos que a xente teña a súa disposición para levar con ela”.

Está pasando!