O Entroido de Vilagarcía arranca cun vistoso espectáculo de rúa este sábado e o baile infantil do luns na Peixería

16 Febreiro 2023

  • As actividades de Entroido programadas polo Concello de Vilagarcía arrancan esta fin de semana para ir quentando motores
  • Co obxectivo de facer visible o regreso de Don Carnal á cidade e ir creando ambiente para os vindeiros días, a Concellería de Xuventude organiza un vistoso e colorido espectáculo de rúa da compañía Nelson Quinteiro que, a modo de pasacalles, percorrerá as rúas peonís o sábado a mediodía
  • As máscaras regresarán á Praza da Peixería o luns pola tarde co tradicional Baile Infantil de Entroido no que, ademais de animación musical, baile e obradoiros de maquillaxe, daranse agasallos aos nenos e nenas que leven os mellores disfraces

Cinco bailaríns da compañía Nelson Quinteiro, ataviados con vistosos traxes e máscaras inspirados na tradición popular e o Entroido galego percorrerán as rúas do centro da cidade o sábado 18 co pasarrúas ‘Trad Cabaré de Entroido’, representando animadas coreografías aderezadas ao estilo do cabaret e con técnicas teatrais.

O desfile comezará ás doce do mediodía na Praza da II República e pasará polas rúas Rey Daviña, Praza de Galicia, Praza de España, Edelmiro Trillo, Praza da Independencia, Arapiles, Ravella, Ramón y Cajal, A Baldosa e a Alameda para rematar de novo ante o Auditorio ao redor das 13.30 horas.

E o día dedicado ao más pequenos encherá de bulicio a Praza da Peixería o luns 20 a partir das cinco da tarde. A Duendeneta porá o fío musical ao baile infantil de Entroido no que ademais de bailar e xogar, os nenos e nenas de poderán participar nun obradoiro de pintacaras para maquillarse de xeito carnavalesco e tamén poderán optar aos agasallos que a Concellería ofrecerá aos mellores disfraces na modalidade individual, de parellas e de grupos (de entre 3 e 20 membros).

O concurso está dirixido a nenas e nenas de 3 a 11 anos que, para participar, deberán inscribirse no recinto. Será un xurado presente na festa o que elixa aos gañadores dos tres premios. As bases que regulan este concurso poden consultarse no taboleiro de anuncios da web municipal www.vilagarcia.gal


Está pasando!