O entroido volverá este febreiro ás rúas da cidade de Pontevedra

1 Febreiro 2022

A Concellaría de Festas traballa nestes días no deseño dun entroido que conxugue a seguridade e a saúde pública coa recuperación da festa na rúa, un dos sinais de identidade de Pontevedra.

A portavoz do Goberno, Anabel Gulías adiantou esta mañá que hai elementos da programación tradicional que se poderán manter pero outros non.

Entre a programación que se manterá está o pregón que se celebrará nun espazo acotado e perimetrado, o concurso de Murgas ou a festa infantil.

A Concellaría descarta organizar o desfile de entroido ou a Noite pirata que pasará a ser o “Día pirata” con ambientación de barcos pola cidade durante ese día.

Tamén se presentará Ravachol e queimarase, pero non haberá velatorio nin cortexo fúnebre.

Ademais, está previsto que haxa pasarrúas para dar ambiente festivo á cidade durante toda a semana e outras actividades complementarias como unha exposición con carteis do entroido e outras imaxes icónicas.

Anabel Gulías explicou que o propósito é “recuperar a normalidade pouco a pouco”.

Está pasando!