O Festival Chalaniña traerá a Lourido espectáculos acrobáticos e moito humor para toda a familia

2 Agosto 2020

Unha das actividades estrela que forma parte da extensa programación do Reinicia O Verán Poio é o Festival Infantil Chalaniña que se desenvolverá entre o luns 3 e o mércores 4 de agosto en Lourido (San Salvador) . Trátase dunha iniciativa que xa en anos anteriores incluíuse con éxito na Festa do Mar e que está pensada para o goce das crianzas.

A cita contará cunha actuación por día, todas elas a partires das 20.00 horas. O Parque de Costa Xiráldez acollerá o luns 3 de agosto a estrea do Chalaniñas, a cargo de Peter Punk Pallaso, que achegará ao público a súa particular visión da pandemia da Covid-19 cun recital que reúne técnicas circenses, malabares e moito humor.

O martes 4, será a quenda de Xampatito Pato, un proxecto dirixido por Jesús Velasco e que conta no seu haber con varios premios e recoñecementos. Esta actuación levarase a cabo na Praia de Cabeceira.

Por último, o xoves 5 de agosto, Kanbahiota: La Coquette porá o peche a este festival. Rosina Casteli e Abraham Pavón sorprenderán aos asistentes cun gran repertorio de acrobacias aéreas, con rutinas de trapecio e aro. Este dúo conta cunha gran experiencia, toda vez que leva actuando desde 2002, chegando a gañar o Premio Stuartini do Festival MYAU de Guadalajara.

O festival desenvolverase, ao igual co resto de actividades do Reinicia O Verán, cumprindo cos protocolos e medidas de seguridade, control de aforo e distanciamento pertinentes, tal e como garantiron os seus responsables.

Programa en PDF

Está pasando!