O festival internacional de ciencia ‘Pint of Science’ chega á Taberna Nasa de Pontevedra

18 Maio 2026

Taberna Nasa acolle esta semana o festival internacional de divulgación científica ‘Pint of Science’, unha iniciativa mundial que achega a investigadores aos pubs, bares e tabernas para a divulgación dos seus traballos nun ambiente popular.

Celebrarase os días 19 e 20 de maio, a partir das 19:00 horas, co seguinte programa:

MARTES 19

  • Promoción da saúde e novas tecnoloxías. Juan López Barreiro. Instituto de Investigación Sanitaria Galicia sur.
  • T·I·A·S: This Is Also Science. Víctor José Sánchez Juarez. UVigo Postgrowth Innovation Lab.

MÉRCORES 20

  • Vivir máis e mellor: o segredo esta nos teus músculos. Helena Vila Suárez. Universidade de Vigo.
  • Dor de costas: mitos e realidades. Pablo Hernández Lucas. Universidade de Vigo.

Creado no Reino Unido en 2013, este festival creceu ata converterse nun fenómeno global. A edición de 2026 lévase a cabo ao mesmo tempo en 27 países dos cinco continentes.

En España, xa supera as cen localidades, incluídas áreas rurais, nas que se farán charlas divulgativas, monólogos e experimentos nunha linguaxe sinxela e dentro un ambiente próximo e participativo

A entrada é libre e gratuíta ata completar capacidade.

Está pasando!