O Festival Internacional de Cine Inclusivo de Vigo celebrarase do 12 ao 16 de outubro

11 Outubro 2021

A VI edición do Festival Internacional de Cine Inclusivo de Vigo terá lugar do 12 ao 16 de outubro, no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, o Museo MARCO e o Cine Salesianos.

O VIIFF 2021 (Vigo International Inclusion Film Festival) contará como cada ano cunha sección de curtas audioescritas e subtituladas para que persoas con discapacidade auditiva ou visual poidan gozar do sétimo arte, outro dos piares do evento.

A Asociación Galega Audiovisual Inclusiva (AGAIN) organiza este festival co obxectivo de dar a coñecer, apoiar e valorar proxectos cinematográficos realizados por e para a inclusión, a igualdade e a difusión universal da sétima arte.

Todas as proxeccións do Festival de Cine Inclusivo son gratuítas e o acceso realízase por orde de chegada ata completar o aforo.

Consulta o programa do festival aquí.

Está pasando!