O festival internacional de cinema, Play-Doc regresa en 2022 con máis forza que nunca e retomando o seu carácter internacional

4 Maio 2022

Esta XVIII edición do festival internacional de cinema, Play-Doc, que se celebra en Tui do 4 ao 8 de maio, presenta unha programación cargada de grandes películas, moitas delas inéditas no noso país. Descubriremos as obras de cineastas consagrados, contando coa presenza de lendas do cinema documental, tamén directores emerxentes e unha selección do cinema galego máis recente.

Grazas á súa singularidade, a súa personalidade e a unha programación rigorosa e de calidade Play-Doc ocupa xa un lugar privilexiado dentro do panorama internacional de festivais. Polo certame pasaron verdadeiras lendas do cinema e tamén moitos cineastas esquecidos, descoñecidos ou censurados. Aqueles que non poidan acudir terán acceso a parte da programación a través de Filmin.

Tamén haberá outras actividades: concertos, performances, roteiros cinematográficos onde descubriremos instalacións audiovisuais ocultas ou actividades de formación.

Ademais, entre os artistas musicais que terán presenza na XVIII edición de Pay-Doc 2022: International Documentary Festival están Niño de Elche e Lois Patiño, e o trío Nacho-Faia-Lareira.

Está pasando!