O Festival SonRías Baixas desvela o cartel completo da súa próxima edición 

29 Xaneiro 2024

  • O evento programado para o 1, 2 e 3 de agosto en Bueu, contará con La Oreja de Van Gogh, Tanxugueiras, Rozalén, Rayden, ou Álvaro de Luna como principais atractivos
  • Os abonos sairán á venda o xoves 1 de febreiro ás 12 da mañá dende a web do festival e Enterticket, con prezo especial de 45 euros para os primeiros compradores

Un ano máis volve un dos maiores festivais de Galicia, o SonRías Baixas. Localizado nun enclave natural idílico, en pleno corazón das Rías Baixas, o festival séguese postulando como unha oportunidade única de levar a grandes artistas do panorama nacional e internacional á pequena vila mariñeira de Bueu. A oportunidade de combinar a mellor música en directo coa contorna privilexiada de natureza e mar, a gastronomía local e o carácter amable da zona, converten ao SonRías nun dos grandes reclamos do verán galego.

Esta edición, encabezada por nomes como La Oreja de Van Gogh, Tanxugueiras, Rozalén, Ginebras, Álvaro de Luna ou Rayden, é unha gran aposta da organización para tratar de cambiar a tendencia da propia industria musical, apostando por un forte protagonismo das bandas lideradas e formadas por mulleres como cabezas de cartel. Tamén destaca a presenza dos principais nomes da escena galega, como son Fillas de Cassandra, Mondra, Sabela ou The Rapants, encabezados pola punta de lanza deste auxe que está a vivir o panorama galego como son Tanxugueiras. A todos estes nomes súmanse os de Chef’Special, La La Love You, Anabel Lee, Cool Nenas, Emlan, Gilipojazz, Inés Hernand, La Élite, Morochos, Mr. Kilombo, Muerdo, Sexy Zebras e Travis Birds, mantendo así a tendencia do festival de ser un altofalante para coñecer novas propostas musicais tamén nesta 21 edición.



Co cartel, o festival activa tamén a venda de abonos, que estará dispoñible a partir deste xoves 1 de febreiro ás 12 da mañá dende a web do festival, www.sonriasbaixas.info, e a través de Enterticket.es. Os 500 primeiros compradores poderán obter as súas entradas por 45€ máis gastos de xestión.

Como adianto ao que será esta nova edición do SonRías Baixas, o festival confirma que manterá os seus xa característicos dous escenarios, evitando solapar concertos e buscando que todo o mundo poida gozar e coñecer todas as propostas musicais programadas. Ademais, manteñen os prezos de venda de anteriores edicións, lanzando consigo unha promoción de precarga de pulseiras cashless polo cal se á hora de comprar o teu abono cargas a túa pulseira para consumir no festival, recibirás a maiores un 10% do cargado de balde. Por último, avanzan que proximamente darán a coñecer os detalles da acampada, que estará situada a escasos 150 metros do propio festival e da praia.


La Pegatina, fin de festa do 20º Aniversario 2023 | © Rocío Cibes

MÁIS SOBRE LOS ARTISTAS DE SONRÍAS BAIXAS 2024…

La Oreja de Van Gogh chegan por primeira vez a Bueu sendo, sen dúbida, referentes de toda unha xeración e unha das nosas bandas máis internacionais e queridas. Os donostiarras, que se atopan en proceso de composición do seu próximo álbum, prometen ofrecer un show moi especial en forma de percorrido por toda a súa traxectoria, que xa supera os vinte e cinco anos, e que nos regalou hits e clásicos que xa forman parte da historia musical do noso país.

Álvaro de Luna e Rozalén tamén se estrearán este 2024 no noso festival. O sevillano atravesa sen dúbida o seu mellor momento e atópase presentando “UNO”, o seu novo disco publicado o pasado setembro, e avalado polo éxito de grandes cancións como “Todo Contigo” (dobre platino e Mellor Canción nos 40 Music Awards 2023), “Portarse Mal” ou o seu primeiro hit en solitario, “Juramento eterno de Sal”. Unha das principais voces da nova canción de autor do noso país, Rozalén, presentará sobre o escenario de SonRías temas dos seus cinco discos de estudo, todos eles enxalzados por crítica e público. Non en balde, conta con distincións tan importantes como tres Discos de Ouro, tres de Platino, un Goya, o Premio Nacional de Músicas Actuais 2021, tres nomeamentos aos Latin Grammy ou a Placa ao Mérito Profesional de Castilla-La Mancha polo seu labor rendendo homenaxe ao folclore e á música tradicional.

Tamén coa vista sempre presente na modernidade sen esquecer nin por un intre as tradicións, Tanxugueiras volven ao festival tras o seu paso fai dúas edicións, e fano tras o seu recente sold out histórico no Coliseum da Coruña, onde reuniron a máis de 9.000 persoas para o peche da Xira Midas, converténdose nas primeiras artistas en galego que conseguiron tal fazaña. Agradecidos (e con algo de sensación agridoce tamén) estaremos por ter o privilexio de asistir á que, sen dúbida, será unha das últimas oportunidades de ver a Rayden en directo. Anunciada a súa retirada da música nesta tempada tras máis de vinte anos na industria, presentará “La Victoria Imposible”, o seu sétimo álbum en solitario, acompañado dun directo cunha banda explosiva que sorprende alá por onde pisa e demostrando por que é un dos artistas máis interesantes que deu o noso país nos últimos anos.

La La Love You e Ginebras son dúas desas bandas que, nos últimos meses, creceron de maneira exponencial grazas á súa capacidade para crear grandes cancións. Os primeiros acaban de confirmar un sold out no Wizink Center de Madrid para o próximo mes de marzo, onde sen dúbida soarán temas que xa son banda sonora dos máis novos como “El fin del mundo”. Ginebras, polo seu lado, demostrarán en Bueu as súas ganas de comerse o mundo grazas aos seus temas indie pop con selo propio e as súas letras autobiográficas contadas con moito humor.

A representación de fóra das nosas fronteiras aterra dende Holanda grazas a Chef’Special. Coa súa mestura de rock, hip-hop e reggae, o quinteto consegue facer dos seus concertos unha festa, sen renunciar ao seu característico son e a incluír nas súas composicións un cóctel de experiencias persoais e emocións a flor de pel. Máis transgresora, luminosa e afiada que nunca, Travis Birds debullará o seu último álbum “Perro Deseo”, o máis ambicioso ata a data e no que, co desexo como fío condutor, a artista presentará o seu único universo a través de todas as pulsións, sentimentos, aspiracións e ilusións que conforman a súa identidade e imaxinario.

Como en anteriores edicións, tamén haberá un lugar especial destinado para os dj sets, nesta edición, representados integramente por mulleres. Por unha banda, Inés Hernand promete transmitir coa súa sesión todo o bo rollo e a enerxía á que nos ten afeitos nas súas aparicións e, un ano máis, contaremos con Cool Nenas e a súa particular rave coreografiada que revolucionou o concepto de dj set. Kimberley Tell, dani dicostas e mariagrep combinan clásicos atemporais cos hits do momento e ofrecen sen dúbida un show que contaxia a todo aquel que se achega a velas gozar.

Punk británico, noise, new wave e punk rock atoparemos no eléctrico directo de Anabel Lee, que presentan os temas do seu novo disco “Ganamos Perdiendo” e prometen actitude, enerxía e facturar cancións que xa se converteron en himnos para os seus seguidores. Tamén dende Cataluña, La Élite non quedarán atrás en canto a irreverencia e descaro, e Nil e Diosito farán as delicias de todos aqueles que busquen letras acedas e divertidas a golpe de sintetizadores e caixas de ritmos. E se seguimos querendo “Jaleo” tamén poderemos gozar de Sexy Zebras, directos unha conexión espectacular co público. Se falamos de bo rollo, combinarán estilos como o funk, o rock progresivo, o metal e a música clásica, facendo guiños na súa posta en escena a Les Luthiers ou Tricicle. que presentarán novo disco obedecendo a ese nome. Coñecidos dabondo xa en salas e festivais de todo o país polos seus potentes e explosivos directos, o power trío promete un show desbordante de enerxía, cheo de temazos coreables e os seus respectivos pogos colectivos.

Encargado de abrir para Despistaos na súa xira de 2022, Emlan levará a Bueu o seu pop-rock de letras con fondo optimista e esperanzador, e que tratan temas do día a día cos que miles de oíntes se senten identificados, conseguindo nos seus Morochos son expertos na materia. Fusionando flamenco e reggae, un pouco de alegría, unha dose de vida furgoneteira, unha guitarra e un caixón teñen un obxectivo claro: contaxiar alegría e bo rollo alá onde vaian. Desbordando humor e virtuosismo a partes iguais, o power trío madrileño de jazz-punk Gilipojazz estrearán os temas do seu segundo disco, previsto para os próximos meses, onde combinarán estilos como o funk, o rock progresivo, o metal e a música clásica, facendo guiños na súa posta en escena a Les Luthiers ou Tricicle.

Proxecto persoal de Miki Ramírez, Mr. Kilombo acumula xa cinco grandes traballos ás súas costas dende que en 2008 lanzou “El lado Vándalo”. O proxecto do artista madrileño non fixo máis que medrar e evolucionar ata converterse nunha das grandes propostas do panorama nacional que é hoxe grazas á súa enerxía e vitalismo, así como a unha posta en escena interactiva apoiada por pegañentos temas de letras coidadas con mimo e sutileza.

Muerdo fará parada en Bueu con nova xira, “Gira y Cambia Todo”, onde fai repaso por un repertorio que inclúe temas clásicos como “Semillas”, “Lejos de la ciudad”, “Vas a encontrarte”, “Llegué hasta ti” e “Canto pal que está despierto”, temas nos que sobresaen letras de gran contundencia e profundidade humana e social, mesturadas acertadamente con ritmos latinos e de raíz, e tamén sons urbanos actuais.

Un ano máis, a escena musical galega ten en SonRías unha ampla representación. The Rapants presentarán en Bueu o seu terceiro álbum, “La Máquina Del Buen Rollo”, infestado de melodías de herdanza disco, rock e mesmo hip hop nun directo no que haberá actitude, talento e diversión. Mesturando tradición, pop e a electrónica chegan Fillas de Cassandra, dúo musical que, xunto ao piano, o bombo, os pandeiros, o violín e as harmonías vocais, combinadas con bases electrónicas, nos promete no seu show “Últimas Dionisíacas” conseguir un espectáculo catártico grazas á súa espectacular presenza e conexión co público. O folk festivo e revolucionario estará representado grazas a Mondra e o seu performance “Folía das ardentes”, que combina resistencia e celebración nunha coidadísima experiencia musical e visual intimamente ligada coa tradición galega. Ademais, o pop electrónico estará representado grazas a Sabela, quen presentará o seu disco “Ceniza” e a súa eufórica proposta de tinguiduras animadas e bailables, nun proxecto máis madurado que non perde nada de sensibilidade.


Aftermovie da última edición | © SonRías Baixas
Está pasando!