Presentación do 1º Festival ‘Troita Folk’ | © Concello de Ponte Caldelas

O I Festival ‘Troita Folk’ celebrase do 27 ao 29 de maio na Alameda de Ponte Caldelas

5 Maio 2022

Os días 27, 28 e 29 de maio, coincidindo coa Festa da Troita, a Alameda de Ponte Caldelas acollerá o I Festival ‘Troita Folk’, un evento organizado polo grupo de gaitas e baile Os Coribantes de Buchabade.

O venres 27 ás 21:30 horas, Os Coribantes presentarán o su novo disco, o terceiro traballo musical publicado pola banda e que leva por título ‘A Ponte da Música’.

O sábado 28 ás 20:30 horas, será o turno dos grupos de baile coas actuacións do Grup Folkloric Sa Colla de Buscastell (Ibiza) e o Grupo de Danza de Coribantes (Ponte Caldelas).

O festival rematará o domingo 29 cunha sesión de Cantos de Taberna da man de Catro Ventos e Cantanascroas (Salcedo) e Catro Ventos (Ponte Caldelas) a partir das 19:00 horas.

Está pasando!