‘O lago dos cisnes’ regresa a Vilagarcía este outono da man da International Ballet Company

22 Setembro 2026

A International Ballet Company, unha recoñecida compañía formada por solistas de Moldavia, Ucraína e Italia, entre outros países, convídate a gozar o 26 de novembro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Vilagacía, dunha das obras máis emblemáticas do repertorio do ballet clásico: ‘O lago dos cisnes’.

O conto, maxistralmente musicado por Tchaikovsky e interpretado a través de delicadas coreografías, narra a historia do príncipe Sigfrido, namorado da fermosa princesa Odette, á que un malvado bruxo enfeitiza converténdoa en cisne. Malia forza do amor que senten os mozos liberaraos de todo maleficio.

É un espectáculo apto para todos os públicos e de 150 minutos de duración, descanso incluído.

A entrada xeral para asistir ao espectáculo custa 35 euros. O prezo para as persoas desempregadas e maiores de 65 anos redúcese a 29 euros.

Os billetes están á venda en Ataquilla.com (máis gastos de xestión) e, de non esgotarse antes, o mesmo día da función a partir das 18.00 horas no Auditorio.

Oferta para escolas de danza, música e teatro

As escolas de danza música e teatro disporán dunha oferta exclusiva con entradas a 25 euros para os seus membros. A compañía mandaralles un correo electrónico no que se lles proporcionará un código para acceder á web e comprar os billetes.

Está pasando!