“Parade, o circo dos valentes” | © Carlos Crespo

O premiado espectáculo ‘Parade, o circo dos valentes’ chega o domingo a Pontevedra da man do festival ‘Pequeclassics’

7 Outubro 2022

  • As dúas funcións terán lugar no Casino ás 12:00 e as 18:00 horas
  • Circo, maxia, música e teatro combínanse nunha premiada montaxe chea de vitalidade, humor e tenrura
  • O Pequeclassic conta co patrocinio do Xacobeo 21-22 e da Fundación La Caixa

O festival ‘Pequeclassics’, que ata o 6 de novembro presentará en diversas cidades galegas seis espectáculos musicais dirixidos a nenos e rapaces, achega este domingo, 9 de outubro a Pontevedra ‘Parade, o circo dos valentes’, un espectáculo no que se combinan os monicreques, o circo, a maxia e a música, chea de vitalidade, humor e tenrura, inspirada no mundo do circo clásico e con música de Satie, Poulenc e Stravinsky.

O tío Pepe e o pallaso Chochotte son unha parella de comediantes que chegan á praza do pobo e montan a súa pequena carpa de circo pero todos os artistas da compañía desapareceron. A súa única atracción é un elefantito chamado Babar que quere ser artista pero ten medo dos humanos e non quere saír á pista. A parella de artistas terán que improvisar para que a función continúe e convencer ao elefante para que realice o seu gran número e así gañarse unhas moedas para comer.

Así, coñeceremos a historia do elefantito Babar que quedou orfo cando unhas persoas levaron á súa nai e a el tíñano encadeado. Un día o tío Pepe e o pallaso Chochotte rescatárono e agora vive libre con eles no circo dos valentes.

O espectáculo contén valores fundamentais como o respecto e a convivencia cos animais para vivir nun mundo mellor.

La Maquiné realiza un espectáculo inspirado no mundo do circo de outrora. Unha obra chea de vitalidade, humor e tenrura que fará gozar a todos os públicos con música dos compositores Erik Satie, Francis Poulenc e Igor Stravinsky.

A plástica, a música en directo, o teatro de obxectos realizados en diferentes escalas, coreografiados con técnicas variadas de manipulación, son algunhas das ferramentas que se utilizan no espectáculo. A pluralidade destas linguaxes da como resultado unha obra de carácter poético, belo, plástico e suxestivo.

‘Parade, o circo dos valentes’ foi galaroado co Premio Lorca 2023 de Teatro Andaluz ao Mellor Espectáculo de Rúa e o Premio ao Mellor Espectáculo de Teatro de Feria 2021 no Festival Internacional de Teatro de Feria de Zaragoza.

  • Data: Domingo 9 de outubro
  • Hora: 12.00 e 18.00 horas
  • Lugar: Casino de Pontevedra
  • Compañía: La Maquiné
  • Idade recomendada: A partir de 4 anos
  • Duración: 47 minutos
  • Repertorio: Erik Satie, Francis Poulenc e Igor Stravinsky

Entradas anticipadas á venda desde 5 euros en Ataquilla.com


“Parade, o circo dos valentes” | © Carlos Crespo

O RESTO DA PROGRAMACIÓN DE ‘PEQUECLASSICS’

‘Pequeclassics’ é un proxecto que trata de achegar aos nenos e rapacesgalegos a paixón pola música clásica, o jazz e outras músicas a través do xogo e da diversión. O obxectivo principal é que a música chegue a elessen necesidade de que teñan coñecementos previos.

O festival conta co patrocinio do Xacobeo 21-22 e da Fundación La Caixa.

Además de ‘Soñando o Carnaval dos animais’, co que se abre o festival, a programación do tamén inclúe os espectáculos:

‘AS CORES DO METAL’

• Sábado, 15 de outubro, 19:00 horas. Auditorio Municipal Gustavo Freire. Lugo

• Domingo 16 de outubro, 18:00 horas. Teatro Principal. Ourense

‘MA, ME MI… MOZART!’

• Sábado, 22 de outubro, 19:00 horas. Teatro dos Salesianos Vigo

• Domingo 23 de outubro, 18:00 horas. Palacio da Ópera. A Coruña

CINECONCERTO: ‘AS AVENTURAS DO PRÍNCIPE ACHMED’ (Caspervek)

• Sábado, 29 de outubro, 19:00 horas. Teatro dos Salesianos. Vigo

• Domingo 30 de outubro, 18:00 horas. Liceo Casino. Pontevedra

CINECONCERTO (Adrián Begoña): ‘O HEROE DO RÍO’ (Buster Keaton)

• Domingo 6 de novembro, 12:00 horas. Teatro Principal. Ourense

• Domingo 6 de novembro, 19:00 horas. Teatro Jofre. Ferrol

Está pasando!