O Teatro Municipal de Tui acollerá este sábado o espectáculo ‘Déixaas’, con Mercedes Peón, Mónica de Nut e Ana Fernández

9 Abril 2021

O Teatro Municipal de Tui acollerá este sábado día 10 ás 20:00 h. o espectáculo ‘Déixaas’, con Mercedes Peón, Mónica de Nut e Ana Fernández.

O último traballo de Mercedes Peón, ‘Deixaas’, é o resultado dunha intensa etapa de investigación sobre as posibilidades da arte sonora traída ao eido no que Peón se ergue como referente internacional: a música de raíz, a tradición máis xenuína.

‘Deixaas’ amplía o universo creativo de Mercedes Peón combinando artesanía musical e vangarda creativa dun xeito excepcional.

Sen abandonar a súa base tradicional, o álbum inclúe unha faceta contemporánea inspirada en espazos acústicos de nova natureza (como os espazos industriais da área de Ferrol) e composicións que traballan coa palabra poética dramatizada.

Diferentes ambientacións e texturas que gañan peso nunha obra que conta tamén con Mónica de Nut e Ana Fernández.


Déixaas | Estudio Abad Fotografía

RESERVA DE ENTRADAS PARA CARPA E TEATRO

  • Reserva de entradas de balde en tui.gal para todas as actividades dende as 20:00 h. do luns 5 de abril ata media hora antes do inicio do espectáculo. Máximo 2 entradas por persoa.
  • Acceso aos espectáculos 30 minutos antes do inicio.
  • As entradas non validadas 10 minutos antes do inico do espectáculo poedrán reasignarse a outra persoa.
  • As entradas de carpa non están numeradas, a selección de cadeira farase por orde de chegada.
  • Os nenos deben estar acompañados en todo momento.

METEOROLOXÍA

  • En caso de meteoroloxía adversa, poderán adiarse ou suspenderse os pasarrúas e as actuacións de carpa.
  • Comunicarase o mesmo día ás 12:00 h. nas redes sociais municipais.

PROTOCOLO COVID

  • Desinfección no acceso de mans con xel hidroalcoholico.
  • Obrigatorio o uso de máscara.
  • Débese ocupar a cadeira asignada, non se poderá cambiar de emprazamento nin de cadeira. Débese permanecer sentado ata o remate do espectáculo.
  • A entrada e saída realizarase polo perrcorrido indicado. En todo momento seguiranse as indicacións do persoal.
Está pasando!