Cantos de Taberna no Burgo | © Concello de Pontevedra

Os Cantos de Taberna volven este venres a Pontevedra da man de Peis d’hos achegando a música popular e tradicional até Eduardo Pondal e Joaquín Costa

29 Marzo 2023

Os locais que acollerán nesta ocasión a actuación colectiva entre agrupación e veciñanza serán o Zafire e o Chalo, a partir das 21:00 horas


Achégase o derradeiro venres do mes de marzo, o que significa que os Cantos de Taberna volverán ser un dos protagonistas da tarde-noite da nomeada xornada. Este 31 de marzo, a Boa Vila volverá percorrer o camiño da música tradicional popular da man de Peis d’hos, a agrupación convidada nesta ocasión.

Peis d’hos é a forma que adopta no Morrazo a expresión peixe de hoxe, en alusión ao peixe do díacapturado en baixura con aparello ou outras artes de pesca similares. Así, Peis d’hos nace a finais do ano 2013 en Cangas; unha asociación cultural que dá cobertura á música e baile tradicional galego, formando parte desta os grupos os grupos Trébede, Lina e Lola, As Mosas do Hío e O Viveiro de Peis d’hos.

A partir das 21:00 horas, os Cantos comezarán na rúa Eduardo Pondal, no Zafire. Un tempo despois, o grupo —e todo aquel que queira continuar coa festa— achegarase até o Chalo, na rúa Joaquín Costa.

O ciclo musical, promovido polo Concello de Pontevedra, conta cunha filosofía de seu na que se busca a mínima instrumentación e outorgarlle todo o protagonismo ás voces, ampliando este ano o seu rango de acción, buscando novos establecementos que encher de melodía e tradición. Este venres acadará o seu ecuador, a súa terceira xornada de cantos, restando dúas máis.


Está pasando!