O Salón García acollerá a proxección do filme surcoreano “Pietá”

19 Xaneiro 2021

O mércores 27 de xaneiro ás 20:30 h. o Salón García acollerá a proxección en V.O.S.E. do filme surcoreano “Pietá” (Kim Ki-duck, 2012, 104 min.), organizada polo Cine Clube Ádega.

Drama centrado en dous personaxes, un cobrador de préstamos solitario e sen escrúpulos e unha muller que se presenta un día pedíndolle desculpas por abandonarlle, asegurando que é a súa nai biolóxica.

Entrada: Socios de balde / Non socios 4,00 €

Aforo limitado. Imprescindible reserva previa de localidades en cineclubeadega.com

Está pasando!