‘Tempo de Nadal’ | © Concello de Pontevedra

Pontevedra volve encher de actividade de Nadal barrios, prazas e parroquias antes da chegada dos Reis Magos

2 Xaneiro 2024

Á espera da chegada dos Reis Magos, a programación de Nadal de Pontevedra volve a ofrecer unha nutrida proposta de actividades. Tamén será o momento de dicirlle adeus a unha parte do exitoso Bosque de Xogos (tobogán e pista de xeo) instalado na praza de España que pechará as súas portas hoxe, 2 de xaneiro.

Para martes, 2 xaneiro está programado:

  • 16.30 – 20-30 h. Merca no barrio. Monte Porreiro. Manualidade: Reis magos con paus de madeira e feltro. Xogos predeportivos e de relevos.
  • 17.30 h. Animación de rúa. Centro histórico. Combo frosty de xeo.

Para mércores, 3 xaneiro está programado:

  • Ganapán:
    • 11.00 – 12.00 h. Obradoiro gastro: Cremoso de queixo e froitas.
    • 12.30 – 13.30 h. Obradoiro Crea. Brinquedo de Nadal: encesta-bólas.
  • 11.00 h. Nadal nos centros culturais. Cerponzóns: Os tres porquiños no Nadal.
  • 16.30 – 20-30 h. Merca no barrio. Galerías da Oliva. Carta aos Reis Magos. Taller: doceiros de Nadal en bolsas de celofán.
  • 17.00 h. A Parda especial Nadal. Obradoiros de adornos de Nadal e mural Land Art creativo de Nadal con material de refugallo.
  • 17.00 h. Nadal nos centros culturais. Santa María de Xeve: O show de Fifo.
  • 17.30 h. Animación de rúa. Campolongo. Obradoiros, música e espectáculo de rúa.

Para xoves, 4 xaneiro está programado:

  • Ganapán:
    • 11.00 – 12.00 h. Obradoiro gastro: Polvoróns veganos de chocolate.
    • 12.30 – 13.30 h. Obradoiro Crea. Brinquedo de Nadal: Buxainas máxicas.
  • 16.30 – 20-30 h. Merca no barrio. Praza da Audiencia. Manualidade: Colgador de porta dos Reis Magos. Maquillaxe de fantasía de Nadal.
  • 17.00 h. Nadal nos centros culturais. Monte Porreiro. Festa de Nadal.
  • 17.00 h. Nadal nos centros culturais. O Burgo: A galiña Piti.
  • 17.00 h. Nadal nos centros culturais. Salcedo: Contos á luz dunha estrela.
  • 17.30 h. Cantos de reis. Os Chichisos. Percorrido: Praza da Liberdade, San Xosé, Oliva, Peregrina, Daniel de la Sota, Peregrina, Ferraría e Curros Enríquez.

Poboado de Nadal, Bosque de xogos e Nadal xogos

O Bosque de xogos da praza de España chega ao seu fin. Hoxe, 2 de xaneiro será o último día antes de ser desmontado para permitir o paso da Cabalgata de Reis. A pista de xeo e o tobogán xigante aos que se pode acceder coa presentación dun tícket do comercio local, estarán abertos mañá de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 22.00 horas.

A Carpa de xogos, tamén no Bosque de xogos da Alameda, abrirá as súas portas mañá até o 4 de xaneiro. Ofrece actividades para cativos de 0 a 12 anos, estará aberta de 12.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas.

Tamén hoxe, 2 de xaneiro volverá a abrir o Poboado de Nadal da Ferraría cun horario de 11.30 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 horas onde se pode atopar o mercado de artesanía e nadal e a ambientación de nadal. Estará aberto até o vindeiro 5 de xaneiro.

Tamén mañá volverá a abrir Nadal Xogos no Recinto Feiral con talleres, contacontos, inchables, xogostradicionais… O horario é de 16.30 a 20.00 horas. Pechará o domingo 7 de xaneiro.

Está pasando!