Rayden sustituirá a Pimpinela este domingo no concerto peche das Festas da Peregrina

17 Agosto 2023

O dúo musical arxentino Pimpinela non poderá actuar este domingo na cidade de Pontevedra, debido ao accidente de Joaquín Galán, que lle impide cumprir co seu compromiso na Boa Vila.

O cantante, compositor, produtor e escritor español, Rayden, ocupará o seu posto no escenario da praza de España ás 22:30 horas, e ofrecerá un concerto, de seguro espectacular, como peche das Festas da Peregrina.

O concelleiro de Festas, Demetrio Gómez, compareceu na mañá deste xoves para anunciar o cambio. O de Pimpinela, lembrou, “era un concerto que tiña unhas expectativas moi altas, había moitas persoas, moitos veciños e visitantes para vir”.

O edil agradeceu aos servizos técnicos e de Festas o “traballo excepcional que se fixo en menos de 24 horas, en 12 horas, para atopar un substituto que estea á altura” do que se esperaba para o vindeiro domingo.

A programación das Festas da Peregina 2023 do domingo 20 de agosto é a seguinte:

  • 11.30 h. Pasacalles a cargo de Celme.
  • 12.15 h. Pasacalles a cargo da charanga Charandonga.
  • 18.00 h. Pasacalles a cargo de Andaina.
  • 18.00 h. Pasacalles a cargo da charanga Charandonga polos barrios do Gorgullón e avenida de Vigo.
  • 19.30 h. Expresión Contacontos. Aventúrate. Praza da Curtidoira.
  • 21.00 h. Concerto de Chroma. Praza da Ferraría.
  • 22.30 h. *Concerto de Rayden. Praza de España.
  • 22.45 h. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos coa orquestra Zona Cero.
Está pasando!