San Silvestre Solidaria 2022 | © Concello de Salvaterra de Miño

Salvaterra de Miño e Monção presentan a San Silvestre Solidaria 2023

13 Decembro 2023

A proba infantil celébrase ás 20:00 horas e a proba sénior ás 20:30 horas con saída dende a Praza do Concello de Salvaterra


O vindeiro 23 de decembro volta a San Silvestre Solidaria Eurocidade Monção-Salvaterra de Miño onde os habitantes da Eurocidade, así como as persoas que desexen participar, terán o seu percorrido internacional ó longo de algo máis de 5km.

A proba senior terá lugar ás 20:30 horas con saída dende a Praza do Concello de Salvaterra e chegada á Praza Deu La-Deu. Previamente ás 20:00 horas celebrarase a proba infantil para participantes ata os 12 anos e que consisitirá nun percorrido de dúas voltas á mesma Praza do Concello.



Para participar en ambas probas tanto infantil como senior é requisito aportar un alimento non perecedoiro para o Banco de Alimentos. As inscricións rematan o 22 de decembro na web sites.google.com/view/sansilvestre2023 aínda que tamén se poderán anotar no propio día na proba.

Para facilitar a recollida de dorsais habilitarase un espazo na Biblioteca Municipal de Salvaterra dende o luns 18 ao venres 22 onde poderán acudir en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Tamén poderán recollelo no mesmo día da proba.

Para facilitar o transporte dos participantes na San Silvestre haberá un autobús que os levará de regreso dende Monção ata Salvaterra.

Está pasando!