Desfile de Entroido en Sanxenxo 2023 | © Concello de Sanxenxo

Sanxenxo repartirá máis de 13.265 euros nos premios dos desfiles de Entroido

22 Xaneiro 2024

O Concello de Sanxenxo abre os prazos de presentación para participar nos desfiles de Entroido 2024 organizados pola Concellaría de Festexos e Eventos. O desfile infantil celebrarase o domingo 11 de febreiro, ás 12:00 horas, con catro categorías, mentres que o desfile de adultos contará con seis categosrías e terá lugar o domingo 25 de febreiro ás 16:30 horas.

O desfile infantil sairá da Avda. Rocafort, continuando por Avenida de Silgar, Avenida do Porto ata a Praza dos Barcos.

Establécense as seguintes categorías: Individual, Parella, Grupo 3 a 10 compoñentes e Grupo de máis de 10 compoñentes.

A categoría individual será galardoada con cinco premios de 120, 90, 60, 40 e 30 euros respectivamente, e as parellas con 150, 100, 80, 60 e 40 euros. Na categoría de grupos de tres a 10 compoñentes os premios serán de 200, 150 e 120 euros respectivamente, e na de máis de 10 compoñentes, de 500, 300 e 200 euros.



O desfile de adultos partirá da Avenida Rocafort de Sanxenxo para seguir por Paseo de Silgar, Punta Vicaño, estrada xeral, rúa Rafael Picó ata recinto do Porto de Portonovo.

Establécense as seguintes categorías: Individual, Parella, Grupo ata 8 compoñentes, Grupo de 9 ata 20 compoñentes, Grupo de máis de 20 compoñentes e Fantasía (máis de 20 compoñentes).

Os disfraces individuais estarán premiados con 200, 150 e 100 euros, e as parellas con 300, 200 e 150 euros. Os grupos de ata oito compoñentes optarán a tres premios de 500, 350 e 225 euros e os de nove a 20 membros, a 800, 400 e 300 euros.

Na categoría Fantasía de máis de 20 compoñentes, o primeiro premio será de 1.700 euros, o segundo de 900 e o terceiro de 600, mentres que os grupos de máis de 20 compoñentes serán os que leven as maiores contías, con 2.200 euros para os primeiros, 1.200 euros para os segundos e 750 euros para os terceiros.

As inscricións serán gratuítas e realizaranse:

  • Sede Electrónica do O.A. Terra de Sanxenxo ata o día 8 de febreiro ás 14:30 horas (infantil) ata o 22 de febreiro ás 14:30 horas (adultos).
  • No teléfono 986 727 936 ata o día 23 de febreiro ás 14,30 horas.
  • Ou o mesmo día antes do comezo do desfile na mesa da organización que estará no
    Club de Xubilados e Pensionistas de Sanxenxo ( Avd. Rocafor, fronte a Cafetería
    Castelao) dende ás 10:30 ata ás 11:30 horas (infantil) e dende ás 15:00 ata ás 16:00 horas (adultos).
Está pasando!