As Neves celebra a súa gran Festa do Viño Tinto Rías Baixas, que este ano cumpre 17 edicións

19 Xullo 2023

Viño e gastronomía regresarán ao Concello das Neves nunha nova edición da súa Festa do Tinto Rías Baixas, na que se enxalzará o afamado viño tinto producido principalmente na parroquia de Rubiós, considerado como un dos mellores de toda a Denominación de Orixe Rías Baixas.

Na tradicional festa de exaltación do viño tinto que se celebrará os días 24 e 25 de xullo non faltarán a tradicional cata de viño, actividades infantís e actuacións musicais.

A programación da XVII Festa do Tinto Rías Baixas é a seguinte:

Luns 24 de xullo

  • 19:00 h. Apertura da feira
  • 19:30 h. Cata Profesional na Casa da Xuventude (Previa inscripción)
  • 20:30 h. Cata Pública na Carpa (Previa inscripción)
  • 22:00 h. Actuación do grupo Son das Tabernas
  • 00:30 h. Actuación de DJ lván

Martes 25 de xullo

  • 09:00 h. Andaina do viño
  • 10:00 h. Apertura da feira
  • 12:00 h. Pasarúas co grupo Muiños de Oliveira
  • 12:30 h. Exposición de coches clásicos
  • 13:00 h. Pregón no Balcón do Consistorio
  • 14:00 h. Actuación da charanga Os Imperiais
  • 16:00 h. Tobogán acuático gratuíto para os cativos
  • 17:00 h. Obradoiros infantís
  • 18:00 h. Conta contos para os máis pequenos
  • 18:00 h. Actuación da charanga NBA
  • 20:00 h. Actuación do grupo The Taverners
  • 21:30 h. Peche da feira a cargo do grupo Errantes

Está pasando!