Entroido de Cobres | © Asociación Cultural Cobres Vilaboa

Vilaboa volverá a ser epicentro do Entroido co seu tradicional Entroido de Cobres, un dos máis coñecidos do sur da provincia de Pontevedra e con maior tradición

15 Febreiro 2023

Aínda que o domingo 5 e o sábado 11 do presente mes abriuse boca con bailes de presentación nas parroquias de Vilaboa, o prato forte do Entroido de Cobres 2023 espérase do sábado 18 ao martes 21 de febreiro. 

Organizado pola Asociación Cultural Cobres Vilaboa en colaboración co Concello, o Entroido de Cobres está declarado como Festa de Interese Turístico de Galicia dende 1999.


Entroido de Cobres | © Asociación Cultural Cobres Vilaboa

PROGRAMA ENTROIDO DE COBRES 2023

SÁBADO 18 DE FEBREIRO

  • 10:00 a 19:00 h. Percorrido do Entroido polos barrios.
  • 19:00 h. Chegada e actuación do Entroido na carpa de Riomaior.
  • 22:00 h. Gran Festa de Apertura. América de Vigo + DJ Charlie.

DOMINGO 19 DE FEBREIRO

  • 10:00 a 19:00 h. Percorrido do Entroido polos barrios.
  • 19:00 h. Chegada e actuación do Entroido na carpa de Riomaior.
  • 21:30 h. Festa a cargo de La Mosca Valiente.

LUNS 20 DE FEBREIRO

  • 10:00 a 19:00 h. Percorrido do Entroido polos barrios.
  • 19:00 h. Chegada e actuación do Entroido na carpa de Riomaior.
  • 21:30 h. Luns de Majachos con Tic Tac & La Noche.

MARTES 21 DE FEBREIRO

  • 10:00 a 13:00 h. Percorrido do Entroido polos barrios.
  • 13:00 h. Comezo da sesión vermú amenizada pola charanga Os Jalácticos. E se queres comer a prezos populares, tamén poderás facelo xa que haberá polbo, churrasco…
  • 16:30 h. Corrida do Galo presentada polo humorista Rafa Durán.
  • Xogos populares. Predicador. Concurso de disfraces. Comparsas. Actuación do Entroido. Entrega de premios. Queima do Galo. Gran tirada de fogos de artificio.
  • Remate de festa con DJ Gabry.


O Entroido é unha festa ancestral que se perde no tempo, quizais, rituais de orixe pagano que co paso do tempo e xeración tras xeración foi conquerido o carácter  tradicional co que se mantén hoxe en día.

Para a veciñanza de Vilaboa, sobre todo das parroquias de Cobres, o entroido é vivido dun xeito moi especial xa que se desenvolve nestas datas unha festa de grande tradición. Polo que, todo o mundo quere ser partífice, un ano máis, da tan arraigada celebración, celebrándose coa ledicia e ilusión que merece para o goce de todos; visitantes habituais dos pobos limítrofes e turistas esporádicos.

O tradicional ‘Antroido Dos Cobres’, segundo escritos da época, remóntase a principios do século XVIII e debe a súa actual vixencia á tradición oral que foi transmitindo o interese e participación na festa de xeración a xeración.

Esta herdanza cultural pasada de pais a fillos, de avós a netos logrou manter viva e presente unha celebración colectiva sorprendente e particular, tal e como é o ‘Entroido de Cobres’.

Organizado pola Asociación Cultural Cobres Vilaboa en colaboración co Concello, o Entroido de Cobres está declarado como Festa de Interese Turístico de Galicia dende 1999.

Está pasando!