V Lérez Up 2026 en Pontevedra

sáb12setConsultardom13setV Lérez Up 2026 en Pontevedra salón do videoxogo e da cultura friki de Pontevedra(Consultar) Recinto Feiral de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A Lérez Up, o salón do videoxogo e da cultura friki de Pontevedra, celebrará a súa quinta edición os próximos 12 e 13 de setembro no Recinto Feiral. Trátase da cita máis ambiciosa e de maior envergadura organizada ata a data, cunha programación que superará o cento de actividades, máis de 50 artistas e expositores, e máis de vinte torneos de nivel nacional e internacional.

quinta edición da Lérez Up consolídase como un referente non só en Galicia e no resto do Estado, senón tamén fóra das nosas fronteiras, con moita afluencia de afeccionados de Portugal e convidadas procedentes de Alemaña e da República Checa, esta última como parte do xurado do concurso de Cosplay.

Entre as principais novidades deste ano atópanse:

  • Zona Retro-Arcade (Patrocinada por WordPress.com): Definida pola organización como o seu maior logro ata a data. Trátase dun espazo que traerá recreativas clásicas xaponesas e consolas retro con títulos míticos como ‘Tetris’, ‘Metal Slug’ ou ‘Pacman’ co obxectivo de crear un evento interxeracional.
  • O Mando Único: Unha nova proposta interactiva en formato de xogo de rol masivo en vivo. Cunha narrativa propia onde os voluntarios actuarán como actores, calquera persoa que acceda ao Recinto Feiral formará parte deste universo e poderá realizar retos para conseguir puntos e facerse co “mando único”.
  • Zona Indie (Patrocinada por UNIR): Acollerá o maior número de estudos participantes ata a data, con oito videoxogos independentes. O público poderá utilizar o popular Pasaporte Indie para probar os videoxogos, obter os selos correspondentes e votar polo seu favorito para elixir o premio ao “Mellor Xogo Indie 2026”.
  • Torneos e Competicións: Os videoxogos serán protagonistas cun torneo nacional de ‘Super Smash Bros Ultimate’ (que xa supera os 100 inscritos), así como torneos de ‘League of Legends’, ‘Valorant’, ‘EA Sports FC 26’, ‘Mario Kart’, ‘Tekken 8’ e ‘Street Fighter ‘6.
  • Zona K-Pop: Amplía a súa programación cun concurso que contará con máis de vinte actuacións individuais e grupais, coas prazas xa esgotadas.
  • Cosplay e obradoiros: Concurso de cosplay cos premios patrocinados por Green Stuff World, ademais dunha Zona de Stands con máis de 50 ilustradores e artesáns e unha Zona de Talleres patrocinada por Comunicación para la Venta e Dixital Marketers.

O evento tamén integra a colaboración de colectivos locais como o Club de Esgrima de Pontevedra, que se suma este ano ao de Kendo, e de entidades coma a Biblioteca de Pontevedra, que se puxo en contacto coa organización para difundir o festival e dar a coñecer a súa colección de videoxogos, manga e cómics.

Entradas e Guía do Visitante

As entradas xa están dispoñibles na web lerezup.es a un prezo reducido ata o xoves 10 de setembro ás 15:00 horas, cun custo de 7 euros para un día e 10 euros para os dous días. A partir dese momento, poderanse adquirir na billeteira física do Recinto Feiral a un prezo de 8 euros por un día e 12 euros polos dous días.

A organización tamén puxo a disposición do público a Guía do Visitante en formato dixital na súa web e redes sociais (@lerez_up), un documento de 50 páxinas con toda a información detallada para preparar a visita.

Hora

setembro 12 (Sábado) - 13 (Domingo)

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!