A Zona Monumental de Pontevedra prepárase para dar a benvida ao novo curso coa Gran Festa Volta ao Cole

7 Setembro 2026

O mércores 9 de setembro, a Zona Monumental de Pontevedra énchese de actividades gratuítas para celebrar a volta ao cole con toda a familia.


O Centro Comercial Urbano Zona Monumental organiza o vindeiro mércores 9 de setembro, de 16:30 a 20:30 horas, a Gran Festa Volta ao Cole, unha celebración con actividades gratuítas repartidas por diferentes prazas e rúas do centro histórico de Pontevedra.

Durante a tarde, os nenos e nenas poderán participar en diferentes propostas pensadas para todas as idades:

  • Praza Valentín García Escudero: obradoiro de chapas e obradoiro de pulseiras.
  • Praza Méndez Núñez: pintacaras, bebeteca, contacontos e actividades musicais.
  • Praza Curros Enríquez: rocódromo e mural graffiti.
  • Rúa Serra: inchables para nenos e nenas de 3 a 5 anos e de 6 a 12 anos.
  • Rúa César Boente: Decora o teu puzzle.

E, para poñer o broche de ouro á xornada, ás 19:30 horas celebrarase a Gran Festa da Escuma na Praza da Pedrería, un dos momentos máis agardados polos nenos e nenas.

A participación nas actividades será gratuíta, ensinando un ticket de compra realizado nos comercios da Zona Monumental.

Ademais, no marco desta campaña, realizarase un sorteo de dous premios de 50 euros en vales de compra para material escolar, como unha pequena axuda para afrontar a volta ás aulas. Próximamente daranse a coñecer todos os detalles e condicións de participación.

A iniciativa está cofinanciada pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Pontevedra.

Con esta celebración, o CCU Zona Monumental quere converter o inicio do curso nunha ocasión para desfrutar en familia, dinamizando as rúas e prazas do centro histórico e apoiando, ao mesmo tempo, o comercio de proximidade.

Está pasando!