XXV Feira Franca de Pontevedra

ven04setConsultarsáb05setXXV Feira Franca de Pontevedra'as tabernas'(Consultar) Centro Histórico de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A Feira Franca, declarada Festa de Interese Turístico Galego, celebra a súa XXV edición os días 4 e 5 de setembro de 2026 nas rúas e prazas do Centro Histórico de Pontevedra.

O tema central deste 25 aniversario son ‘As Tabernas’, concebidas como espazos de encontro, relación social e cohesión comunitaria, cun gran espectáculo inaugural único e en exclusiva, a cargo da compañía Pablo Méndez Performances.

O programa da XXV Feira Franca, dispoñíbel en feirafranca.gal, inclúe todas as actividades con cadanseus horarios, ademais de contar cun mapa infográfico do centro histórico de Pontevedra e da distribución dos puntos de interese.

VENRES 4 DE SETEMBRO | XORNADA INAUGURAL

  • 19.00h. Pregoeiros a cabalo anuncian o comezo da XXV edición da Feira Franca polo Centro Histórico.
  • 22.00h. Espectáculo inaugural da Feira Franca: ‘As Tabernas’. Compañía Pablo Méndez Performances. Praza da Ferraría.

SÁBADO 5 DE SETEMBRO | DÍA DA FEIRA FRANCA

  • 11.00h. Desembarco na ponte do Burgo da cervexa do Ollo Redondo.
  • 11.30h. Apertura do mercado medieval (avda. de Santa María) e da mostra de oficios (prazas da Ferraría, da Pedreira e do Peirao).
  • 12.00h. Recreación do transporte do viño. Asoc. Recriativa de Xeve, A Xanela do Maxín, Troula, Duos Pontes; con música e representacións. Percorrido: rúas de Santa Clara, Sarmiento, Pasantaría, praza da Ferraría e remate na praza da Peregrina.
  • 12.30h. Cantar de cego e música medieval. Foula, Centro Histórico.
  • 12.30h. Demostración e obradoiros de esgrima. Escola Hungaresa, Montero Ríos.
  • 13.00h. ‘As Lendas do Camiño do Bruxo do Lerce’. Grupo Adarve, Centro Histórico.
  • 13.00h. Tiro con arco. Boa Vila, Montero Ríos.
  • 17.00h. Demostración e obradoiros de esgrima. Escola Hungaresa, Montero Ríos.
  • 17.30 h. Gran torneo medieval. Hípica Celta, praza de touros. Entrada de balde ata completar capacidade, portas 2, 3 e 6.
  • 17.30h. Pasarrúas Os Vikingos do Valhalla. Compañía La Fiesta Escénica, Centro Histórico.
  • 18.00h. Cantar de cego e música medieval. Foula, Centro Histórico.
  • 18.00h. ‘A galiña dos ovos de ouro’. Art Monium.
  • 18.00h. ‘Os bufóns e trobadores’. Troula.
  • 18.00h. Música e bailes medievais. Asociación de Coros e Danzas Duos Pontes, Peregrina.
  • 18.30h. Tiro con arco. Boa Vila, Montero Ríos.
  • 18.30h. ‘As Lendas do Camiño do Bruxo do Lerce’. Grupo Adarve, Centro Histórico.
  • 19.00h. Pasarrúas Os Vikingos do Valhalla. La Fiesta Escénica, Centro Histórico.
  • 19.00h. Contacontos a Corsaria Lola. Pedreira.
  • 19.30h. Pasarrúas: Art Monium e O Gran Dragón. Centro Histórico.
  • 20.00h. Gran torneo medieval. Hípica Celta, praza de touros. Entrada de balde ata completar capacidade, portas 2, 3 e 6.
  • 20.00 h. ‘As Lendas do Camiño do Bruxo do Lerce’. Grupo Adarve, Centro Histórico.
  • 21.00h. Cantar de cego e música medieval.
  • 21.30h. Pasarrúas: Os Vikingos do Valhalla, Errantes e A Santa Compaña. Centro Histórico.

Hora

setembro 4 (Venres) - 5 (Sábado)

Localización

Centro Histórico de Pontevedra

Está pasando!