Presentación da III Festa da Temporada | Concello de Mondariz Balneario

Mondariz Balneario volve aos anos 20 coa súa III Festa da Temporada

3 Setembro 2026

Os días 12 e 13 de setembro, a Festa da Temporada volve ao Concello de Mondariz Balneario, unha festa coa que a vila termal retrocederá no tempo ata a década dos anos 20.

Esta terceira edición conta cunha programación moi variada para todas as idades na que poderemos disfrutar de música, gastronomía, tradición, obradoiros, teatro, catas, mercado de artesanía, actividades lúdicas e actividades infantís.

Este ano o pregón será a cargo de diferentes voluntarios/as que durante estes últimos anos axudaron aos migrantes que chegaron á vila no verán de 2024.

A programación da III Festa da Temporada é a seguinte:

SÁBADO 12 DE SETEMBRO

  • 11.00 h. Apertura do Mercado
  • 12.00 h. Pasacalles da Banda de Música de Tui e posterior concerto nos Xardíns do Gran Hotel
  • 17.00 a 20.00 h. Xogos infantís e atraccións nas Pistas Polideportivas
  • 18.30 h. Taller de restauración “Taller creativo, Mueble Natura”
  • 20.00 h. Obra de teatro “Pausa de hidratación: o verán contemporáneo”
  • 21.30 h. Pregón a cargo de “Persoas Voluntarias cos Migrantes
  • 22.00 h. Concerto de Os Revenidos
  • 00.00 h. Loop Disco Móbil

Degustacións e catas no Mercado de Abastos

  • 12.30 h. Cerimonia do té (estilo xaponés)
  • 17.00 h. Requeixo das Neves e Sidra Rabiosa
  • 18.30 h. Queixo Valilongo e Viño Adegas Galegas

DOMINGO 13 DE SETEMBRO

  • 11.00 h. Apertura de mercado e realización de retratos en directo con Xogando co Vento (todo o día)
  • 11.00 a 14.00 h. Xogos infantís e atraccións
  • 12.00 h. Taller de restauración “Taller creativo, Mueble Natura”
  • 12.30 h. Concerto de Blues do País e Sindicato da Verbena
  • 18.00 h. Actuación: “Auga e Terra: A pel do territorio”, na Escalinata de Gándara
  • 18.30 h. Concerto de Agarimos da Terra
  • 20.00 h. Obra de teatro “Pausa de hidratación: o verán contemporáneo”

Degustacións e catas no Mercado de Abastos

  • 12.30 h. Viños Adegas Galegas e Ánades de Galicia
  • 16.00 h. Cafés e Chocolate Donoso
  • 17.00 h. Cata de augas
Está pasando!