Presentación da 38º Festa da Ameixa de Campelo | Concello de Poio

Campelo prepárase para celebrar a 38ª edición da Festa da Ameixa, a cita gastronómica máis senlleira do Concello de Poio

10 Setembro 2026

Este ano será unha edición moi especial para o Concello de Poio, estrearase a declaración da Festa da Ameixa como Festa de Interese Turístico de Galicia, un recoñecemento que pon en valor o compromiso de todo Campelo coa promoción do seu produto e da súa ría.

A 38ª edición desta cita gastronómica, que foi presentada na lonja de Campelo, celebrarase do 18 ao 20 de setembro na Praza da Granxa e supón un apoio directo ao sector do mar e á promoción da ameixa da ría.

Unha programación pensada para toda a familia: ademais da gastronomía, música, sesións vermú, actividades infantís, orquestra, concurso de fotografía e homenaxe ás mariscadoras e mariscadores.

Unha festa feita coa colaboración das confrarías, das agrupacións de mariscadoras e mariscadores e dos colectivos de Campelo.

A programación da XXXVIII Festa da Ameixa de Campelo é a seguinte:

VENRES 18 DE SETEMBRO

  • 18:00h. Inauguración da XXXVIII Edición da Festa da Ameixa. Homenaxe ás/ós mariscadoras/es xubiladas/os no 2025. Música a cargo da Escola de Música Tradicional de Poio
  • 19:00h. Entrega de Premios do VIII Concurso de Fotografía
  • 20:00 a 23:00h. Degustación Gastronómica. Canción mariñeira a cargo do grupo Pontis Véteris
  • 22:00h. Sesión DJ Jorge Álvarez
  • 23:00h. Concerto de Henry Méndez (Xira Papacalambre Tour 2026)
  • 00:15h. Peche DJ Jorge Álvarez

SÁBADO 19 DE SETEMBRO

  • 12:00 a 16:00h. Degustación Gastronómica. Música a cargo do grupo Vides Novas
  • 13:30h. Sesión Vermú coa actuación de Black Nails
  • 20:00 a 23:00h. Degustación Gastronómica. Música popular co grupo Bahñia de Tambo
  • 22:00h. Concerto de La Penúltima Sabinera (Tributo a Sabina)
  • 00:30h. Sesión DJ

DOMINGO 20 DE SETEMBRO

  • 12:00 a 16:00h. Degustación Gastronómica
  • 13:30h. Sesión Vermú coa actuación do grupo Algo pasa con Mery
  • 17:00h. Concerto da Escola Tradicional de Acordeóns de Campelo
  • 19:30h. Actuación da Orquestra Fania Blanco Show
  • 21:30h. Fogos de artificio
Está pasando!