Charla musical de Fransy González en Pontevedra

mér09set19:00Charla musical de Fransy González en Pontevedraciclo ‘O Poder do Folk’19:00 Paraninfo do IES Valle-Inclán - Pontevedra

Detalles do Evento

Ateneo de Pontevedra, en colaboración da Deputación de Pontevedra, celebra neste mes de setembro o ciclo ‘O Poder do Folk’, tres charlas con tres figuras destacadas que falarán da realidade presente da música máis nosa e dos camiños e desafíos que se lle ofrecen nas vindeiras décadas.

Todas as charlas serán ás 19:00 horas no Paraninfo do IES Valle-Inclán, con entrada libre ata completar capacidade.

MÉRCORES 9 DE SETEMBRO

Charla musical da man da cantareira e pandereteira Fransy González, titulada ‘A Voz’.

Fransy González (Grenoble, Francia. 1972). A súa orixe familiar está en Bergantiños, e vive en Arteixo dende os seis anos.

É unha das voces máis representativas da música tradicional de Galicia. Formou parte de Xiradela e investigou as raíces da música tradicional en Bergantiños, onde ademais deu clases.

Traballou con Carlos Núñez, Dulce Pontes, Jordi Savall, Erik Marchand, Kepa Junkera ou The Chieftains, entre outros.

MÉRCORES 16 DE SETEMBRO

Charla musical do gaiteiro Óscar Ibáñez, co título ‘A Gaita’.

Óscar Ibáñez (Poio, 1976). É un gaiteiro e frautista con máis de 20 anos de traxectoria artística internacional.

Mestre en educación musical, especialista universitario en música tradicional galega e en arquivística, ademais de máster en xestión da documentación musical.

Participou en máis de 20 traballos discográficos, entre os que destacan os seus discos en solitario ‘Alén do mar’ (2012) e ‘Aires de Pontevedra’ (2017).

MÉRCORES 23 DE SETEMBRO

Charla musical a cargo cantante e compositor Xabier Díaz, titulada ‘A Percusión’.

Xabier Díaz (A Coruña,1969). Cantante, compositor, investigador e compilador de música tradicional, fixo parte da asociación Xacarandaina, Rumbadeira, Nova Galega de Danza e Berrogüetto.

En 2015 editou o multipremiado ‘The tambourine man’ xunto ás Adeufeiras de salitre, ao que logo se sumaron os discos ‘Noró’ (2018), ‘As catedrais silenciadas’ (2020) e ‘Axúdame a sentir’ (2024). En 2022, en solitario, presentou ‘Levantarse e caer’.

O PODER DO FOLK

O Folk, nas súas variadas expresións, moveu no pasado e segue a mover no presente, na Galicia territorial e nos principais focos da emigración galega histórica, moitos milleiros de persoas.

Soamente música, ou tamén música e baile… Grupos tradicionais, coros e rondallas; bandas que hibridan as múltiples linguaxes do país en fértil diálogo con ritmos procedentes doutras latitudes e estilos.

Ante esta realidade de gran puxanza, na cultura galega de hoxe, O Ateneo de Pontevedra ofrece tres charlas, en tres mércores consecutivos do mes de setembro de 2026, a cargo de tres das figuras de referencia na escena da nosa música de raíz.

Servirán para trazar unha panorámica da realidade presente da música máis nosa e dos camiños e desafíos que se lle ofrecen nas vindeiras décadas.

Hora

(Mércores) 19:00

Localización

Paraninfo do IES Valle-Inclán

Gran Vía de Montero Ríos, 36001 Pontevedra

Está pasando!