Carmen Prieto Monreal

Concerto de Carmen Prieto en Pontevedra

ven11set19:00Concerto de Carmen Prieto en PontevedraHomenaxe a cantautores chilenos e hispanoamericanos19:00 Paraninfo do IES Valle-Inclán - Pontevedra

Detalles do Evento

A recoñecida cantante e actriz chilena Carmen Prieto, acompañada polo guitarrista Tito Cerda, realiza unha xira de concertos en Galicia centrada en tender pontes culturais e poéticas entre a canción latinoamericana e as nosas raíces.

O venres 11 de setembro ás 19:00 horas, o Paraninfo do IES Valle-Inclán acollerá o concerto ‘Cuando me acuerdo de mi país’ (Homenaxe a cantautores chilenos e hispanoamericanos), con Míriam Ferradáns e Xaime Toxo como artistas convidados.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Homenaxe a cantautores chilenos e hispanoamericanos

53 anos despois do golpe militar de Augusto Pinochet, Carmen Prieto ofrecerá para nós un concerto de homenaxe a cantautores chilenos e hispanoamericanos, acompañada polo guitarrista Tito Cerda.

Este concerto de Pontevedra foma parte dunha xira por Galicia que conta co apoio do ministerio de las Culturas, las Artes y el Patrimonio do Goberno de Chile.

Carmen Prieto

Cantante e actriz chilena. Filla dunha avogada e dun violinista da Orquestra Sinfónica de Chile, a súa carreira musical desenvólvese desde finais dos anos 1980, e levouna o ofrecer concertos en moitos escenarios americanos e españois, presentando nomeadamente boleros e valses.

En dúas ocasións recibiu o premio da Asociación de Periodistas de Espectáculos de Chile á mellor intérprete popular: en 1993 polo seu disco ‘Me desordeno’, e en 2000 por ‘Deseos y encantos’. En 2004, participou na miniserie documental ‘De Neftalí a Pablo’, una historia de Pablo Neruda.

Hora

(Venres) 19:00

Localización

Paraninfo do IES Valle-Inclán

Gran Vía de Montero Ríos, 36001 Pontevedra

Está pasando!