A Asociación Veciñal Salcedo Norte, coa co-organización do Concello de Pontevedra, organizan o domingo 29 de xaneiro a XI Carreira Pedestre San Brais 2023

20 Xaneiro 2023

A Asociación Veciñal Salcedo Norte, coa co-organización do Concello de Pontevedra, organizan o domingo 29 de xaneiro de 2023, a partir das 12:30 horas, a XI Carreira Pedestre San Brais 2023.

As inscricións faranse en www.championchipnorte.com ata as 23:59 horas do luns 23 de xaneiro de 2023.

A clasificación será por categorías e absoluta, e premiarase como vencedores/as absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en rematar. Os/as vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación e recibirán tamén o premio da súa categoría particular.

Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría.

Na categoría Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil, que recibirán unha medalla todos/as os que rematen a súa carreira.

O ‘Trofeo Julian Bernal’ será para o corredor e á corredora máis veterano/a en tomar parte nesta edición.

A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 13:30 horas na zona de meta. Os/as atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, podendo delegar noutra persoa.

Haberá un sorteo de lacóns entre as persoas participantes nas categorías de maioresnde idade, xusto antes da saída, e haberá unha chocolatada para todos os/as deportistas que rematen.

Máis información (e axuda para a inscrición en caso necesario) a través da Asociación Veciñal Salcedo Norte en avsalcedonorte@gmail.com ou na súa páxina de Facebook da Asociación.


Está pasando!