A Biblioteca Pública de Pontevedra abre o luns 21 de setembro as inscricións para os novos clubs de lectura

17 Setembro 2020

Nova edición dos clubs de lectura 2020-2021 organizados pola Biblioteca Publica de Pontevedra Antonio Odriozola.

  • Club “Voz de muller”: martes alternos desde o 6 de outubro de 19.00 a 20.00 h.
  • Club de francés: luns alternos desde o 5 de outubro de 19.00 a 20.00 h.
  • Club de castelán: dous grupos en mércores alternos de 17.00 a 18.00 h. O primeiro grupo empeza o día 7 e o segundo o día 14 de outubro.
  • Club de galego: xoves alternos desde o 1 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

Prazo de inscrición:

  • Do luns 21 de setembro ás 09:00 h. ao venres 25 de setembro ás 21.00 h. no mostrador de recepción (planta baixa).

Normas da inscrición:

  • Acudir de xeito presencial no mostrador de recepción da biblioteca (planta baixa).
  • Cada persoa só pode apuntar a dúas persoas (contándose a si mesma).
  • Cada persoa pode apuntarse só a un dos clubs, pero é posible poñerse na listaxe de espera de calquera dos outros

Por mor da situación sanitaria do COVID-19, vémonos obrigados a reducir os grupos a 9 participantes.

+info. en bibliotecas.xunta.gal/pontevedra/es

Está pasando!